Lugo, 28 de setembro de 2021. O Grupo Provincial do Partido Popular propuxo, a través dunha emenda in voce, involucrar ao ministerio de Transición Ecolóxica para buscar solucións e evitar o peche de Vestas, de tal xeito que o Goberno do Estado se sume ao traballo iniciado xa pola Xunta de Galicia, e cuxa primeira medida adoptada cos traballadores foi crear unha mesa pola industria. Finalmente, os socialistas non aceptaron a proposta dos populares, demostrando así un claro sectarismo político. Pola contra, o Partido Popular, e en apoio aos afectados pola decisión da empresa, si que aprobou a moción do PSOE.
“Pouca elegancia política”
Con todo, o voceiro do PP, Javier Castiñeira, afeou ao Partido Socialista que presentasen unha moción para reclamar á administración autonómica medidas en apoio aos traballadores, cando xa existe unha declaración institucional aprobada de xeito unánime por todos os grupos políticos. Castiñeira cualificou así a iniciativa dos socialistas “de mal gusto e de pouca elegancia política, e incluso contraproducente para os afectados”, pois o que debería de saír deste pleno é unha postura conxunta e “non de escorrer o bulto como acaba de demostrar a propia alcaldesa”.
“Son capaces de pedir que se constrúan eólicos en Vestas e ao mesmo tempo dicir que non os queren; son capaces de levar unha pancarta de enerxía solución e logo dicir que a enerxía non é a solución; son capaces de pedir máis enerxía verde e logo ir en contra dos parques eólicos”. En definitiva, concluíu, “priman a súa ideoloxía antes que o desenvolvemento económico”.
O voceiro do Grupo Provincial do PP amosouse moi crítico cos socialistas. E é que dende o Executivo central “están destruíndo o sistema enerxético, a pesares de que con elo vai o sistema produtivo. Sóbenlle os impostos ás empresas sen contar co consenso da patronal; soben a inseguridade xurídica; negan axudas como fixo a Deputación de Lugo. É dicir, non fan absolutamente nada e son expertos en mandar recados”, afirmou.
Por este motivo, invitou ao PSOE a “facer o mesmo que fixeron os traballadores, involucrar ao ministerio de Transición Ecolóxica que debe existir, dixo, para xestionar a enerxía para Alcoa e para a industria, e que tanto lles está facendo doer a cabeza a vostedes”. Castiñeira sinalou, neste senso, que a exposición de motivos da iniciativa socialista “é desarcertada e inxusta”. “O que pedimos é involucrar os dous entes que teñen competencias”, remarcou.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



