Viveiro. 11 de setembro de 2021. Na mañá de onte, na sede da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, tivo lugar unha reunión entre os Portavoces Municipais de Por Viveiro, PSOE, PP e non adscrito co director da Axencia Galega de Infraestruturas. Na mesma, acordouse o trazado da variante que debe figurar na planimetría do Plan Xeral de Ordenación Municipal co fin de desbloquear a tramitación do documento urbanístico de Viveiro.
O informe da AXI, é o último que falta para que PXOM de Viveiro poda ser aprobado no Pleno da Corporación Municipal, e así, dunha vez por todas, Viveiro poda contar cun ordenamento urbanístico actualizado.
Nos días previos á reunión coa AXI, os independentes de Por Viveiro, a través do seu portavoz municipal Bernardo Fraga, mediaron, por separado, entre o goberno municipal e o Partido Popular de Viveiro, co fin de desbloquear quince anos de atraso no noso planeamento urbano.
Tanto a Alcaldesa de Viveiro María Loureiro, como o Portavoz do PP, Óscar Rodríguez, mostraron a súa disposición para chegar a un acordo que puxese fin ao bloqueo do Plan Xeral de Ordenación Municipal, acordo que se veu reflexado na reunión do día de onte.
Bernardo Fraga, declarou no día de hoxe, “Temos que agradecer a boa disposición do goberno municipal para avanzar e aprobar o Plan Xeral, así como as xestións ante a AXI e a Xunta de Galicia do portavoz do PP Óscar Rodríguez, ambos fixeron posible acadar un acordo coa Xunta de Galicia e o desbloqueo definitivo da tramitación do PXOM”






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.


