Viveiro, 11 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro presentou hoxe unha nova iniciativa, neste caso o ‘I Foro Económico de Viveiro’, que se celebrará o próximo sábado 30 de outubro en xornada de mañá.
O foro foi presentado esta mañá no concello nunha rolda de prensa pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o voceiro do grupo municipal Por Viveiro, Bernardo Fraga.
“Queremos que esta xornada de debate sexa un lugar de encontro e diálogo para o sector económico e empresarial de Viveiro, nun momento de grandes preocupacións e inquedanzas na sociedade”, anunciou Loureiro.
Esta nova iniciativa xurde do acordo do equipo de goberno con Por Viveiro para a aprobación dos orzamentos e dos plans de reactivación económica derivados da pandemia. O foro será no hotel Talaso Las Sirenas e o concello invitará aos empresarios e autónomos do municipio. Aqueles que non poidan asistir por cuestión de aforo, poderán seguilo por streaming e redes sociais.
Participarán no foro María Cadaval Sampedro, profesora de Economía Aplicada da USC, e Miguel Ángel Vázquez Taín, presidente do Consello Galego de Economistas e profesor de Economía Pública e Sistemas Fiscais da USC. Ambos falarán sobre as oportunidades de futuro a raíz da pandemia do coronavirus e sobre o futuro do comercio local nun mundo globalizado.
Entre os retos a curto prazo para a economía sobre os que sen dúbida falarán están os fondos europeos ‘Next Generation’, que a UE puxo a disposición do Estado para afrontar a crise xerada pola COVID.
“Como alcaldesa de Viveiro, espero e desexo que sexan unha oportunidade de mellora e crecemento para os municipios, tanto dende o punto de vista de mellora das infraestruturas, coma de oportunidade para a xeración de emprego dende o sector privado”, apuntou Loureiro.
“Por suposto que as administracións locais, dentro das nosas competencias, estamos na obriga tamén de axudar ás familias, autónomos e empresas que pasan por dificultades; ningunha axuda é suficiente, somos moi conscientes delo, pero como ben sabedes desde o comezo da pandemia no Concello de Viveiro aprobamos xa dous plans de reactivación económica para paliar os efectos da Covid-19”, engadiu.
“Ademais destas e outras medidas, agora presentamos este Foro Económico, que queremos que sirva para reflexionar sobre o actual contexto económico e atopar novas solucións”, manifestou a alcaldesa.
Participará tamén na xornada Antonio Abril Abadín, presidente da Confederación de Consellos Sociais das Universidades Españolas e do Consello social da Universidade da Coruña, que falará sobre a nova Lei de Universidades, sendo ademais o moderador da mesa redonda.
Por último, o Concello pretende que o foro sirva para facer un recoñecemento ao esforzo do empresariado local. De feito, entregarase o recoñecemento empresarial do ano a unha empresa de Viveiro.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



