Santiago de Compostela, a 5 de outubro de 2021. Na reunión que tivo lugar este martes, a CIG reclamoulle a Vestas que retire de inmediato o ERE de cara a facilitar o traballo da mesa industrial e a busca de solucións “sen a contra atrás que implica estarmos de cheo no período de consultas”. Ao tempo, a central instou a Xunta de Galiza a pór en marcha todas cantas medidas sexan necesarias para evitar que a multinacional danesa aplique o despedimento colectivo e peche a fábrica de Viveiro.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que participou na xuntanza celebrada en Santiago, valorou como fundamental a paralización do ERE, “pois do contrario dificilmente se poderá crear un clima de boa fe e crer na vontade que expresa Vestas de acadar solucións e de establecer un diálogo amigábel, mais cando existe unha vontade manifesta das administracións públicas neste sentido e toda a sociedade da Mariña reclama a continuidade dos postos de traballo”.
Carril salientou que o feito da empresa non querer seguir coa actividade non pode supor o peche da factoría “e hipotecar calquera futuro produtivo”. Por iso, apelou á responsabilidade do Goberno galego para frear esta nova desfeita na comarca da Mariña, atendendo as competencias en materia industrial e de emprego das que dispón.
No mesmo sentido, considerou intolerábel que en pleno proceso de transición enerxética, “de absoluto frenesí de electrificación da economía” ao abeiro do que Galiza vive unha ofensiva enerxética colonizadora coa implantación de macro parques eólicos, se destrúa impunemente o tecido produtivo e os empregos na actividade relacionada con este sector.
“Neste proceso de implantación das renovábeis, que se está facendo cun gran impacto social, ambiental e económico, Galiza ten que poder tirar proveito desta actividade e debemos ter un papel relevante na fabricación de todos os compoñentes”, afirmou Carril.
Denunciou que a falta de políticas e de intervención pública nos distintos sectores da economía permítelle a Vestas acometer un despedimento colectivo como este e, ao tempo, seguir levando o mantemento de parques eólicos en Galiza e ser socio tecnolóxico das operadoras enerxéticas.
Isto ocorre, alertou Carril, porque non se obriga ás empresas a que a instalación masiva de eólicos leve ligados proxectos industriais para a súa implantación, mais tamén porque continúa plenamente vixente a reforma laboral que deixa nas mans das empresas todo o poder de decisión sobre os despedimentos colectivos. “Estamos ante un novo exemplo da necesidade urxente de derrogar á integra as reformas laborais de 2012 e a de 2010”, reclamou.






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



