Hai tempo, antes da creación do estado de Israel, os xudeus celebraban a súa festa principal rematado cunhas verbas que viñan a significar máis ou menos, ‘o próximo ano, en Xerusalén’, referíndose ás ansias de retorno a unha terra que consideraban a súa ancestral por dereito propio.
Non me vou meter nos dereitos dos xudeus ou en como deviu o actual estado de Israel en expropiador de terras palestinas e discriminador das súas xentes. Sinxelamente, o dito do final do Yom Kippur (‘Día do perdón’) víuseme á cabeza días atrás co comentario que me fixo unha das usuarias asiduas sobre como estaba a situación na praia do Cargadoiro. En resume, e coa aportación non só da usuaria, senón tamén da prensa (e a través dela, das autoridades), a situación sería a seguinte:
O acceso á praia do cargadoiro deteriórase ó ir socavando o mar pola beira e por baixo das escaleiras de acceso, ata o punto de que caeu parte da baixada e é un perigo o tentar chegar, de xeito que se impide a entrada á praia antes de chegar ás escaleiras. Despois dun tempo prudencial, os principais afectados, usuarios asiduos, falan co alcalde para solucionar o amaño. Boas palabras, pero conflito de xurisdicións. Costas e concello teñen atribucións en parte, e unha institución di que o ten que amañar a outra, que estaría na parte das súas atribucións.
O tempo pasou, e levou o verán, pero non trouxo o amaño. E así está a cousa, unha pedra máis botada nunha ría que vai acusando todas as pedriñas e pedróns de todo tipo que lle van tirando, dende os Bloques á illa Pancha, pasando pola ampliación de Gondán ou o recheo dos noventa ‘para terreo industrial’.
Unha vez pasada a época turística, xa queda só a xente de Ribadeo, e así parece que o problema non é tanto problema. Xa non afecta de xeito directo á economía, que se pode medir en cartos, aínda que poda afectar ó benestar dun grupo, que non se sabe ben como se pode medir.
Mentres, a baixada á praia do Cargadoiro corre perigo de chegar a ser un deses temas que se enquistan, ó que nos poderiamos referir ó modo de como en tempos o facían os xudeus ano tras ano en relación á Xerusalén: O próximo verán, no Cargadoiro.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



