Ribadeo, 19 de outubro de 2021. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vén de iniciar o curso 2021/2022 con 361 alumnos e alumnas matriculados de entre 4 e 80 anos, unha cifra superior con respecto ao curso pasado, e que fai da EMMeD de Ribadeo o centro destas características con maior número de persoas matriculadas na comarca da Mariña e no occidente asturiano.
O claustro docente da EMMeD de Ribadeo estará formado por 13 profesores e profesoras, un por cada unha das disciplinas que oferta o centro, o que garante que o alumnado disporá dunha “atención especializada en cada unha das materias que imparte a Escola”, segundo apunta Hugo García Presno, responsable da EMMeD de Ribadeo.
Neste novo curso “tomáronse de novo todas as medidas hixiénico-sanitarias precisas dotando do material necesario todas as instalacións e elaboráronse os plans de adaptación e continxencia para ter un centro seguro”, salienta García Presno. Así mesmo, o centro comeza o curso coa vontade de estar presente na vida comunitaria e asociativa de Ribadeo na medida do posible: “neste curso seguramente sigamos sen poder realizar algunhas das actividades que habitualmente faciamos, pero buscaremos outras opcións que nos permitan mostrar o traballo do alumnado e profesorado ao longo do ano e dar visibilidade ao centro”.
O responsable da EMMeD de Ribadeo, amosa a súa satisfacción “porque o número de persoas matriculadas sexa moi elevado a pesar da incerteza que supón a situación actual, o que demostra que o traballo que facemos dende a Escola se está percibindo como positivo por parte do alumnado que repite e tamén polo conxunto da cidadanía, o que fai que novos alumnos e alumnas se animen a formar parte do centro”.
García Presno destaca que “tanto o proxecto educativo do centro, unha combinación de ensino teórico con moitas actividades prácticas, coma o plantel docente son as claves para entender o crecemento constante da Escola dende o mesmo momento da súa fundación da man de Hernán Naval”.
Hugo García quixo mostrar o apoio tanto do claustro da Escola como do Concello de Ribadeo: “é clave o apoio institucional, máis se cabe estes cursos tan especiais, para poder tirar adiante o proxecto da Escola e a súa actividade. E tamén é moi importante contar cun corpo de profesores e profesoras que crean no proxecto e que estean comprometidos, como é o caso”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



