Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2021. A Xunta colaborará co Concello de Viveiro para executar as obras do saneamento de Celeiro e a construción do novo emisario submarino, cun investimento autonómico de máis de 3,8 millóns de euros.
O Consello da Xunta autorizou hoxe a cooperación técnica e económica entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Viveiro para acometer as actuacións necesarias para solucionar os problemas detectados na rede de saneamento do núcleo de Celeiro, e da contaminación que presenta o efluente tratado pola estación depuradora de augas residuais municipal.
No cumprimento do obxecto da colaboración autorizada hoxe polo Goberno galego, a administración hidráulica da Xunta asume integramente o financiamento, a contratación e a execución das obras. Estas actuacións son cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Pola súa banda o Concello de Viveiro deberá pór á disposición os terreos necesarios para executar as obras, tramitar as autorizacións precisas para posibilitar a súa realización e asumir posteriormente as actuacións que se leven a cabo.
Esta nova intervención dá continuidade ás obras que se están a executar na estación depuradora de augas residuais de Viveiro, de mellora das liñas de tratamento da depuradora municipal, que permiten ampliar nun 50% a capacidade de tratamento da depuradora para asumir as augas de Viveiro e de Celeiro. A Xunta está a investir preto de 4 millóns nesta mellora, cuxa entrada en funcionamento se prevé a comezos de 2022.
As obras que se van executar
As actuacións recollidas no proxecto redactado por Augas de Galicia teñen como obxectivo solucionar os problemas da rede de saneamento no núcleo de Celeiro e a condución de vertido da estación de tratamento de augas residuais de Viveiro.
As obras, que teñen un prazo de execución de 12 meses, comprenden a realización das seguintes actuacións: depósito de retención e impulsión de Celeiro, novo desbaste previo para a mellora do bombeo de Rego e mellora da condución de vertido da depuradora.
O depósito de retención e impulsión de Celeiro disporá de novo bombeo cun depósito de retención de 650 m3, que substitúe ao actual bombeo de entrada ao pretratamento de Celeiro, e que permitirá a laminación, tanto das puntas que rexistren ao longo do día en tempo seco, como os caudais en tempo de choiva. A auga tratada impulsarase ata o novo pretratamento da depuradora de Viveiro.
Para a mellora do bombeo de Rego executarase unha estrutura en formigón armado enterrada, de dimensións en planta 4,10×2,30 metros que aloxará no seu interior dous canais de 4,4 metros de profundidade. Nun dos canais instalarase unha reixa automática que descargará nun contedor que irá aloxado na nova caseta proxectada sobre a beirarrúa e xunto ao Centro de Saúde e noutro unha manual.
A actuación completarase coa mellora da condución de vertido da depuradora de Viveiro, para o que se executará unha nova condución submarina en prolongación do actual emisario terrestre, e coa retirada dos tramos precisos do emisario existente para a execución das obras. A nova condución de vertido terá unha lonxitude de 858 metros e será instalada en gabia baixo o leito mariño. Nos últimos 80 metros dispóñense os difusores en 4 tramos de diámetro decrecentes, cada un deles cunha válvula difusora de “pico pato” de 200 mm.
O conxunto das actuacións impulsadas pola Xunta no sistema de saneamento de Celeiro-Viveiro, acadarán un investimento de case 8 millóns de euros, e será capaz de dar servizo a 23.764 habitantes equivalentes.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



