Burela, 28 de outubro, 2021. Pescados Rubén Burela FS estrearase na Copa do Rei visitando a Besoccer CD UMA Antequera, de Segunda División, o 30 de novembro-1 de decembro. Así o deu a coñecer a RFEF para abrir a tarde no sorteo de dezaseisavos, coa incorporación dos equipos de Primeira División á competición.
O conxunto de Alberto Riquer disputará o pase a oitavos, a partido único, fronte aos andaluces, que veñen de impoñerse ao Coineña (2-3) de Segunda B, tamén malagueño.
O debut no periplo de Copa do Rei contribuirá a sumar quilómetros a unha semana de dobre desprazamento en liga, con Palma Futsal o 26 de novembro e Movistar Inter o 4 de decembro.
Cruzamentos de 1/16:
Caja Rural Atlético Benavente- Viña Albali Valdepeñas
CD Leganés FS-Real Betis FS
Besoccer CD UMA Antequera-Pescados Rubén Burela FS
Noia Portus Apostoli- ElPozo Murcia Costa Cálida
O Parrulo Ferrol-CA Osasuna Magna
Ciduad de Móstoles-Industrias Santa Coloma
El Ejido Futsal-Movistar Inter FS
Peñíscola Globeenergy FS-Jaén Paraíso Interior
Gran Canaria FS-Fútbol Emotion Zaragoza
Hospitalet Bellsport FS-Córdoba Patrimonio de la Humanidad
Softwar DELSOL Mengíbar FS-Aspil Jumpers Ribera Navarra
Family Casha Alzira FS-Jimbee Cartagena
Full Energía Zaragoza-Palma Futsal
Soliss FS Talavera-Manzanares FS Quesos El Hidalgo
Resultados da 2ª eliminatoria:
Deporcyl 2–3 Guardo F.S. -Caja Rural Atlético Benavente F.S.
Club Ribeira Fútbol Sala 0-3 O Parrulo Ferrol F.S.
C.D. Otxartabe. 1-7 Noia Portus Apostoli
Pinseque A.D. 3-12 Full Energía Zaragoza
Hospitalet Bellsport F.S. 5-4 C.F.S. Bisontes Castellón
Futsal Aliança Mataró C.E. 2-5 Peñíscola Globeenergy F.S
C.D. Segosala. 2-4 C.D. Leganés
Rivas Futsal. 1-2 Ciudad de Móstoles
Nueva Elda F.S. 1-2 Family Cash Alzira F.S.
U.D. Coineña F.S. 2-3 Besoccer C.D. UMA Antequera
C.D. Salesianos 4–4 (PP 4-5) Gran Canaria F.S.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.

