Alfoz, 14 de outubro de 2021. O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo hoxe de relevo “o compromiso” que evidencian os orzamentos xerais do Estado con Galicia.
Como mostra dese compromiso, Caballero subliñou que as contas estatais contemplan un “importante investimento” para a comunidade, que se incrementa nun 29 por cento con respecto ao ano pasado e que chega aos 1.075 millóns de euros para 2022. Con esta cantidade, o voceiro parlamentario do PSdeG salientou que “os orzamentos xerais do Estado destinar a cada galego 398 euros, fronte a unha media en España que está en 277”.
Ante estes datos, Gonzalo Caballero manifestou a súa satisfacción logo de que el mesmo trasladara ao goberno de España “que fixera un investimento importante nos orzamentos para cubrir as necesidades de Galicia”. “Os e as socialistas galegos seguimos defendendo os intereses de Galicia e cumprindo con Galicia”.
A XUNTA TEN QUE INVESTIR MÁIS NOS MUNICIPIOS GALEGOS
Gonzalo Caballero realizou estas declaracións durante una visita ao concello lucense de Alfoz, onde estivo acompañado polo alcalde do municipio, Jorge Val.
Alí, o voceiro do Grupo Socialista tivo palabras de recoñecemento para o traballo que fan o rexedor e o grupo de goberno, que “nesta etapa de tantas dificultades pola pandemia amosaron sempre estar ao pé do canón traballando polos veciños e veciñas e facendo as mellores políticas públicas dende o concello”.
Tras remarcar “o traballo, a traxectoria e o compromiso” do alcalde “durante tantos anos” e amosarlle o seu “respaldo”, Gonzalo Caballero reclamou á Xunta de Galicia que “tamén aposte polos concellos pequenos”.
Así, incidiu na necesidade de que o goberno galego lles achegue financiamento e fondos, porque “para saír desta crise e reactivar a economía, as políticas municipais xogan un papel fundamental”. Nesta liña, Gonzalo Caballero enfatizou que “as alcaldías socialistas representan a mellor política municipal de Galicia”.


























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



