A Mariña, 4 de outubro, 2021. Ella Poema é unha creación de arte contemporánea realizada por Aida Colmenero Díaz xunto con artistas de diferentes países africanos. Un proxecto multidisciplinar ideado para homenaxear ás mulleres a través da danza e a literatura. O resultado son varias curtametraxes de danza contemporánea, “videopoemas bailados ” cuxas protagonistas son mulleres artistas de Cabo Verde, Senegal, Tanzania e outros paises do continente africano. Un proxecto que fala da identidade destas mulleres contemporáneas e dunha defensa dos dereitos humanos das mulleres. Tamén é un proxecto de igualdade de oportunidades no mundo da danza nestes países, ata agora dominado por homes.
Este proxecto persegue a profesionalización e formación das mulleres artistas, situándoas no papel de creadoras, unha visualización destas mulleres, dentro e fóra das súas fronteiras, ofrecendo e construíndo imaxes positivas: mulleres independentes e creativas.
En definitiva un retrato das novas referentes na danza no continente.
Logo de presentarse por diversos paises, Ella Poema chega a Burela da man do Observatorio da Mariña pola Igualdade.
A actividade desenvolverase en horario de mañá e tarde comezando ás 10:00h. Durante a mañá terá lugar un obradoiro sobre a temática do corpo, movemento e territorio e pola tarde a proxección de varias curtametraxes realizadas en diversos países africanos:
Día: Sábado 9 outubro,
Lugar: Hotel Nordés (Burela)
Hora:10:00 a 14:00 Taller de movemento
16:30 a 17:30 Proxección de curtas de mulleres creadoras africanas.
A Xornada ten unha cota de inscrición de 10€. Praza limitadas






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


