Santiago de Compostela, 21 de setembro, 2021. O deputado do BNG, Luís Bará apelou a chegar a un acordo sobre a xestión da auga entre todas as administración para mudar o modelo das política nesta materia durante as últimas dúas décadas, lonxe da “nova cultura da auga”.
A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, na comisión de Ordenación do Territorio, o nacionalista volveu a propoñer, “retirar o documento do Partido popular” ante a falta de diálogo cos axentes implicados. Para ao nacionalista anteproxecto do Ciclo da auga do PP representa “un novo sabrazo” para os concellos e persoas usuarias. Por outra parte, lembrou que o Pacto da Auga non foi acordado e sen unha planificación xeral de abastecemento e saneamento, agora “collen un atallo” para que os concellos asuman todas as responsabilidades e non só sobre as depuradoras que dependen da Xunta de Galiza.
A lei, dixo, debería abordarse como un plan sectorial como reflicte a lei de Ordenación do Territorio. Por outra parte, establece unhas condicións “abusivas para os concellos” á marxe das súas condicións económicas e extensión. Os concellos serán obrigados a a realizar un grande desenvolso en prazos moi curtos e baixo cláusulas “punitivas e coercitivas” no caso de negarse a facelo.
Bará preguntou á Xunta se ten en conta as dificultades dos concellos para asumir as obrigas impostas polo Goberno galego nun contexto de recesión económica. Sen unha planificación xeral , dixo, esta “non é a forma de facelo”.
Ademais, a nova lei prevé “unha carga fiscal” que a propia FEGAMP sitúa no 60% e a realidade é que a súa lei crea novas taxas como a de depurar as augas da chuvia e un canon de abastecementos.
Para o deputado, o Partido popular mantén unha concepción “limitada” do ciclo da auga por non atender á “protección dos recursos, a conservación das masas de augas, superficiais e subterráneas, ríos, encoros rías, humidais e tamén o aforro no consumo de auga”. O PP non aborda a eficiencia enerxética nin infraestruturas verdes para mellorar a xestión da auga en espazos urbanos.
Bará afeou que o Goberno centre todo o seu esforzo nas infraestruturas de abastecemento, saneamento e depuración e medidas sobre un modelo “fracasado”. Agora responsabilizan aos concellos do mal funcionamento das depuradoras municipais cando a maior parte delas foron “deseñadas e construídas pola Xunta de Galiza”, denunciou.
Na súa intervención, tamén preguntou porque o Goberno galego quere implantar este modelo de “forma unilateral” despois de desbotar a lei chamada Sogama da Auga e porque razón incumpriu as súas obrigas para elaborar o Plan de Saneamento e Plan Xeral de abastecemento. Bará tamén preguntou se a Xunta está disposta a abrir “un proceso de dialogo” coas administracións para acadar un amplo acordo na xestión da auga e a creación do Consello para o uso sustentable da auga.
O BNG pide retirar o anteproxecto e acordar “unha estratexia da auga”
Tras a intervención da Directora de Augas de Galiza, Teresa Gutierrez López, o parlamentario do BNG volveu a reclamar a retirada do anteproxecto e abrir un proceso de diálogo con todas as partes para acordar “unha estratexia galega da auga”, e con carácter previo elaborar unha planificación a través do Plan xeral de Saneamento así como “culminar os traballos do Pacto Local da auga” iniciados no ano 2013.
Finalmente, o deputado do BNG tamén reclamou crear o Consello para o uso sustentable da auga, anunciado no ano 2013.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



