A Fonsagrada, 29 de outubro de 2021. “A esquerda ten unha contrastada querencia á creación de mensaxes que non se axustan a realidade e que repite ata a saciedade tratando de crear unha realidade paralela. Quizá para que non lle rompa a vitimista e falsa acusación á Xunta de falta de investimento no rural, o goberno socialista de A Fonsagrada está a punto de cometer un erro histórico e de moi graves repercusións para os veciños, afirma o portavoz popular, José Luis Regueiro.
Neste senso, o popular explica que “Aa Xunta intenta investir en A Fonsagrada e crear unha ducia de postos, a custo cero para o Concello, igual que está facendo con todos os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) de toda Galicia. A Xunta intenta dar servizo aos veciños de A Fonsagrada en materia de emerxencias, que non teñan ningún tipo de carencia sanitaria, falta asistencial e o goberno de A Fonsagrada non quere que a Xunta invista cartos neste municipio. Non quere que os veciños de A Fonsagrada teñan os mesmos servizos que os dos outros concellos”.
Regueiro destaca que o goberno municipal leva por bandeira “o slogan, totalmente falso, de que a Xunta non inviste no rural, que acaba co rural; agora ten todo na súa man para que a Xunta dea este servizo e non o solicita”.
O portavoz popular di que os responsables municipais “deben rectificar a súa postura e solicitar o GES para A Fonsagrada, porque é beneficioso para os veciños e para a economía local. É un servizo imprescindible; que rectifiquen, que aínda están a tempo de evitar o maior erro do goberno socialista en A Fonsagrada”, sobre todo, engade, “para que non aconteza o que pasou no pasado con estes efectivos, quedando o noso municipio totalmente desprotexido”. A este respecto, Regueiro lémbralle que “goberna por pactos in extremis pero o sentir do municipio e dos veciños é de ter este servizo e non ser inferiores aos demais”.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



