Lugo, 16 de outubro de 2021. O Partido Popular pedirá ao Goberno o abaratamento dos custes enerxéticos para as industrias hiper electrointensivas nas emendas aos Orzamentos do Estado. Así o anunciou a presidenta provincial, Elena Candia, acompañada do vicesecretario de Participación, Jaime de Olano, do deputado no Congreso, Joaquín García Díez, e dos senadores José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela e logo de comprobar, tras unha exhaustiva análise, que as contas do Executivo de Sánchez son unha decepción” para os intereses da provincia de Lugo.
A presidenta do PP lucense sinalou: “A nosa valoración dos orzamentos do Estado para a nosa provincia é negativa”. Animou aos socialistas lucenses a aproveitar que están esta fin de semana con Pedro Sánchez para cambiar o actual estado de cousas. Declarou: “Tendo en conta que os socialistas celebran o seu congreso federal e representantes deste partido na provincia acoden a ese congreso representando a Lugo e aos seus concellos quero pedirlles que aproveiten ese encontro e traían unha solución, ou o compromiso do presidente do Goberno para a solución de Alcoa; non é máis que cumprir o compromiso adquirido por todos nos concellos, na Deputación, no Parlamento de Galicia, no Congreso e no Senado. É determinante que a SEPI tome partido. É o momento de que os representantes do PSOE na provincia acaden o compromiso do presidente do Goberno”. Engadiu: “Espero que aproveiten esa oportunidade; non se entendería que non fose así, porque hai unha falta de compromiso orzamentario coas principais infraestruturas imprescindibles para a nosa provincia”. Cualificou os orzamentos para a Lugo de decepcionantes.
Os populares reiteran así o seu apoio aos traballadores da factoría de San Cibrao, dando continuidade ao compromiso do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen esta mesma semana, no debate do Estado de Autonomía, anunciaba publicamente que defende unha intervención temporal da planta mariñá por parte do Goberno central, así como unha solución que impida o peche de Vestas, ao tempo que adiantou que a administración autonómica, a través da súa representación na Sociedade Impulsa, proporá que, se é viable, a fábrica de fibras téxtiles se emprace nesta comarca.
Isto demostra, dixo, “que non é o mesmo que gobernen uns que que gobernemos os outros”, lamentando que “o PSOE sexa noticia por sumarse á manifestación prevista para mañá e non por incluír unha solución que é, engade, o que están esperando os empregados de Alcoa e da empresa de Viveiro”. A este respecto, a dirixente popular sinalou que o PP, a través de alcaldes, voceiros e distintos cargos orgánicos tamén estará presente, pero faino, insiste, “con propostas claras, que se poden plasmar no BOE, que é como se debe gobernar”.
Elena Candia, ao igual que os seus compañeiros no Congreso e no Senado, amosouse disconforme cos Presupostos Xerais do Estado, xa que as principais infraestruturas da provincia, como son as autovías da Mariña, de Monforte ou de Chantada, “desaparecen literalmente” do documento presentado por Pedro Sánchez. “O PSOE fíao todo ao tren que nin tan sequera reducirá o tempo de viaxe a Madrid nos tempos anunciados, polo que, con total rotundidade nos vemos na obriga de concluír que os Orzamentos non nos convencen e que os Gobernos de socialistas, apoiados polos nacionalistas nunca foron, nin son rentables para a nosa provincia. Vémolo en Madrid, vémono na Deputación e vémolo no Concello de Lugo”, remarcou.
Por este motivo, a líder dos populares fai un chamamento aos responsables locais, provinciais, estatais e autonómicos destas forzas da esquerda para que “en vez de ser noticia por sumarse a unha manifestación, sexan noticia por sumarse a propostas como a emenda do PP”.
“Unha falsidade”, “instrumento de pago” e “un castigo a provincia”
O senador José Manuel Barreiro manifestou: “Os orzamentos do Estado para o próximo exercicio son uns orzamentos que, dende o punto de vista xeral, son unha falsidade, porque se apoian en premisas que son absolutamente falsas. Non o di o PP, senón todos os organismos do ámbito económico, como manifestou o Fondo Monetario Internacional e o Instituto Nacional de Estatística. O final vaise traducir nun maior déficit e nunha maior débeda. O que figura nesas contas é absolutamente é irreal”.
Barreiro dixo tamén: “En segundo lugar, tamén dende a óptica xeral, convértense nun instrumento non de planificación económica, senón nun instrumento de pago; están feitos para pagar os compromisos que teñen asumidos cos socios de goberno, ou dito doutra maneira, son un instrumento de pago para que o señor Sánchez se poida manter no goberno”.
En terceiro lugar, Barreiro referiuse a marxinación que sofre a provincia nos orzamentos. Neste sentido, declarou: “Unha vez máis, vemos o castigo do goberno do señor Sánchez en relación á provincia de Lugo. Nestes orzamentos non se contempla practicamente nada en relación coa autovía de A Mariña, non existe a autovía con Ourense, non existe tampouco o intercambiador da autovía de Santiago coa futura autovía de Ourense; a autovía de Santiago, aprázase, supostamente, a súa finalización ao ano 25, cando tiña que estar rematada no 22”. Engadiu: “Podería seguir enumerando agravios que se fan a nosa provincia. Seguimos sen saber cando Lugo vai poder chegar en alta velocidade a Madrid, e moitos outros. Non sabemos nada da nova Comisaría de Policía, imprescindible para a provincia de Lugo. Unha vez máis, o señor Sánchez castiga outra vez, por medio dos orzamentos, a esta provincia”.
Polo seu lado, o deputado Joaquín García Díez, criticou os orzamentos par Lugo os que dixo que son desilusionantes, porque non inclúen ningunha actuación nova, que dea un impulso á provincia. Non hai nada novo e o que aparece, figura a máis longo prazo, con máis prazo do que estaban nos orzamentos anteriores. Asegura que non se aproveitan adecuadamente os fondos europeos de recuperación e resilencia. Pregúntase por que non se usan para mellor as infraestruturas da Galicia interior. Aludiu aos retrasos nas obras das autovías. Tamén destacou a escasa consignación para mantemento das estradas nacionais.
Con respecto ao ferrocarril, manifestou a súa sorpresa porque se fale de millóns para mellorar a conexión Lugo-Ourense cando esas obras, que xa estaba previstas, sofren un recorte “brutal“ ao desaparecer as tres variantes, que serían as que acortarían o tempo de viaxe. Sen elas, explicou, os lucenses, para ir a Madrid en tren, acortaremos entre Ourense e Madrid, pero de Lugo a Ourense non, “por moita electrificación e supresión de pasos a nivel, melloras na vía, seguiremos ocupando unha hora e 35 minutos para chegar a Ourense”. Indicou que está por ver se os millóns previstos se executan, porque –destacou- o grao de execución orzamentaria do capítulo de investimentos reais do orzamento do 2021 en Galicia é do 16% dende xaneiro ata o verán. Aludiu tamén á FEVE. Está convencido de que non existe vontade política para levar a cabo o estudo solicitado polo PP para saber se é viable conectar Lugo con Santiago e con A Mariña. Estes orzamentos son –dixo- de “trilerismo puro”.




















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



