Foz, 1 de novembro de 2021. Xa se coñecen os nomes dos gañadores dos premios da campaña Megavatio de Ouro, que organizou AciaFozCCA e que se desenvolveu do 7 ao 27 de outubro en 33 establecementos comerciais.
Os locais participantes sortearon entre os clientes que fixeron as súas compras nese período de tempo tres vales de compra de 50 euros cada un, que poderán consumir en calquera dos 33 negocios que se deron cita no Megavatio de Ouro ata o 31 de decembro. En total AciaFozCCA destinou en premios a esta campaña 5.000 euros en vales de compra.
Desde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, ten palabras de agradecemento “para os clientes polo seu apoio, para os comercios pola súa participación e para as administracións, Concello de Foz e Xunta de Galicia, pola súa colaboración”.
As afortunadas e afortunados son:
1. 5 Lobiños Pepi Palomino
2. Suministros Veipa Antonio Fernández
3. Ginzo Hombre Inés García
4. Ginzo Mujer Mª Rosa Rivas
5. La Flor Abulense Irene Trigo
6. Kukadas Pepita López
7. Vas´s Mª Carmen González
8. Vas´s Outlet Yolanda Fariña
9. Decoraciones Pura Tania Hermida
10. Lourdes Moda Íntima Marcela Paz
11. Chinela Nenos Ángela Paz
12. Isla Mar Fernández
13. Don Zapato Isidro García
14. Milar José Mª Ruano
15. Cenor Belianorte José Manuel Álvarez
16. Tien21 Celso Vanesa López
17. Ferretería Fuente Mª Carmen Mogo
18. Centro Óptico Eliseo José Manuel Rodríguez Maseda
19. Xanela Agasallos e Complementos Mª José García
20. Chuvia Adela Seijo
21. Calzados Pirde Mª José García
22. Infotec Vanesa Rivas
23. Electricidad Núñez Elisa Teijeiro
24. Mercería Vera Isabel Ferreiro
25. Alain Afflelou Óptica Dani García
26. Xoguetería Bahía Noemí Veiga
27. Librería Bahía Iria Fernández
28. Pastelería Anduriña Luis Ramón Fernández
29. N1 Zapatillas Rosana Fraga
30. Sueños Mª José Andión
31. Hola Ola Tania Barreira
32. María Docampo Mª Teresa Cuesta
33. Viajes Rodríguez Fe Rodríguez

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



