A Mariña, 12 de novembro de 2021. A sétima andaina de outono de A Mariña en Ruta continuará este sábado, 13 de novembro, polo Camiño Norte entre Lourenzá e Mondoñedo.
Esta iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña discorrerá polo treito que une Vilanova de Lourenzá, co seu impoñente Mosteiro de San Salvador, ata a antiga cidade episcopal de Mondoñedo, un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia. Son 9 quilómetros nos que os asistentes percorrerán diversos paisaxes do interior da Mariña e achegaranse ata os pequenos núcleos de poboación que axudaron a configurar esta antiga ruta medieval. A andaina estará guiada por Claudia del Pino.
As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta e para calquera consulta poden contactar a través da seguinte dirección de correo electrónico: enruta@amarinalucense.gal e o teléfono +34 690 61 47 49.
O pasado sábado, 6 de novembro, os participantes no programa de A Mariña en Ruta foron descubrir un fermoso recuncho do concello de Barreiros, concretamente o paraxe natural de Santo Estevo do Ermo, a través dun magnífico paseo da man de Sofía López, guía oficial de Galicia.
Unha vez reunidos os participantes no punto de encontro foron ata o acceso de Santo Estevo para camiñar este pequeno percorrido de 2 quiilómetros cheo de encantos. A vexetación autóctona, as lendas, historias e o simbolismo ligado á natureza e ás propiedades mineiro medicinais das augas do lugar foron protagonistas ao longo de todo o itinerario. Nesta ocasión esgotáronse as prazas e, entre os participantes, estivo presente o blogger de viaxes Alvientooo, quen foi compartindo a través das súas redes e plataformas dixitais algúns dos lugares do percorrido.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



