Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2021. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reiterou hoxe no Parlamento o compromiso da Xunta cos traballadores de Alcoa e a industria na Mariña. Así, apuntou que, mentres que o Goberno “non entendeu nada tras a folga da semana pasada”, a Administración autonómica quere estar ao lado dos traballadores e das súas familias, defendendo as súas reivindicacións para que se garanta o mantemento dos empregos e da produción de aluminio primario.
O vicepresidente económico sinalou que o Goberno non está a cumprir a súa palabra, xa que non fixa un prezo eléctrico competitivo para que as empresas interesadas en Alcoa formalicen as súas ofertas; nin intervén temporalmente a planta, no caso de non atopar unha saída dialogada. Fronte a isto, desde a Xunta, tal e como subliñou o responsable de Economía, Empresa e Innovación, seguirase esixindo a activación de todas as ferramentas que o Goberno ten á súa disposición para afrontar a venda de Alcoa con seguridade, incluída a intervención temporal a través da Sepi no caso de que non se desbloquee a operación de venda.
Dentro do seu compromiso coa industria galega e co emprego industrial, a Xunta declarou a industria electrointensiva como sector esencial e estratéxico en Galicia, para dar prioridade aos seus proxectos de modernización e transformación, reducindo á metade os prazos. A Administración autonómica tamén colaborou co comité de empresa e sindicatos nas medidas xudiciais adoptadas, e segue ao carón dos traballadores solicitando ao Goberno un prezo eléctrico competitivo e, de ser necesario, a intervención temporal da planta de San Cibrao a través da Sepi.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



