Non estamos pechados, a Terra non ten chave que a peche, mais si estamos illados neste planeta, pasaxeiros temporais no universo. Despois dunha tempada na que sentíamos aumentar a esperanza de poder saír cara outros mundos, detrás dos nosos enxeños robotizados, ou mesmo detrás das novas diferenzas entre persoas baseadas na posibilidade de poderse pagar unha viaxe ó ‘espazo exterior’, cada vez estamos máis illados no noso planeta, a humanidade máis atada no seu conxunto a esta terra que é a nosa Terra.
Os últimos episodios que nos van facendo máis e máis patente a cura de humildade para convivir en e co noso planeta tiveron lugar a semana pasada. O novo fracaso da 26 Conferencia das partes, o cumio climático auspiciado pola ONU en Glasgow, significa tamén unha nova renuncia a establecer a paz da humanidade co planeta. Pero non veu só. Acompañouse dunha nova moito menos mediática, un novo desvío da órbita da Estación Espacial Internacional para evitar un lixo ‘controlado’, os restos dun satélite meteorolóxico chinés.
Por unha beira, canto máis nos pelexemos coa Terra, menos conviviremos con ela, e iso significa que peor o faremos. Toda relación ten as súas tensións, e se se exacerban, o estrés causado prexudica ás partes, chegando a destruír a relación. Iso nos pasa coa Terra, mais, pola súa natureza, se destruímos a relación, destruímos tamén a posibilidade de vivir aquí. E polo momento, non hai outro sitio. Tecnicamente, poderíase xa vivir na lúa ou Marte, mais a vista de tal posibilidade para toda a humanidade é unha inxenuidade. E a fuxida do noso planeta, posible para unha exigua minoría, non levaría a ningures máis ca un novo e máis reducido illamento. E no futuro? Negándonos a nós mesmos a convivencia co planeta e esgotando os recursos á nosa man, estamos empuxando cara abaixo día a día on máis forza a liña de posibilidades de escape que a tecnoloxía, esa creación nosa, tenta empurrar cara arriba.
A dificultade da nosa saída física ó exterior vese agravada tamén día a día polos nosos propios refugallos. Non só estamos a inundar o planeta de refugallos, afogándonos neles, senón que tamén o estamos facendo no espazo que rodea á Terra. Milleiros e milleiros de restos descontrolados orbitan o noso planeta, sendo un perigo para as actividades que se manteñen en órbita. Iso que lle pasou a semana pasada á Estación Espacial Internacional, o ter que desviarse da órbita, é unha manobra cada vez máis común, realizada para evitar choques contra obxectos de órbitas coñecidas pero sobre as que non se ten control. Cada vez máis. O mesmo que cada vez hai máis obxectos con órbitas que non se controlan e que poden causar un accidente.
Os dous feitos inflúen no mesmo: poñer barrotes arredor noso. E, ó tempo, significan algo oposto. Por unha beira, un sobreconsumo (entrada) cada vez maior e de cada vez maior parte da humanidade, e por outra, un emporcamento (saída) causado pola mesma humanidade.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



