Ribadeo, 12 de novembro de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, remitiulle unha carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García, referente ao centro de saúde de Ribadeo. O rexedor asegura que o Concello na actualidade non posúe unha parcela en solo urbano de cando menos 2.565 metros cadrados para levantar unha nova instalación. E subliña que “iso non significa que non asumamos ese compromiso recíproco de estar á vosa disposición para cumprir coa vosa petición, sempre que sexa economicamente viable e tecnicamente posible”. Suárez Barcia demanda reforzos de persoal para o centro de saúde de Ribadeo, que ten menos profesionais agora que hai dez anos, e tamén que se valore redeseñar o edificio actual, xa que conta con amplos espazos baleiros e mal aproveitados.
O alcalde dixo que “nesta sincera e honesta resposta que lle demos ao conselleiro indicámoslle que levamos tempo demandándolles formalmente a reversión dos recortes que desde esa Consellería viñeron facendo nestes últimos anos en materia de persoal sanitario porque, de feito, no Centro de Saúde ribadense sorprendentemente hai menos profesionais agora dos que había hai dez anos, quedando reducido nun 50 por cento o cadro do persoal médico, que pasou de 6 a 3 facultativos actualmente, os cales de xeito puntual son reforzados con outra profesional do PAC. Ademais destas carencias na estrutura do persoal, vemos tamén como non se dá a necesaria cobertura das baixas, permisos, licencias, vacacións, etcétera, dos traballadores e traballadoras do Centro de Saúde, o cal xera un estrés moi grande tanto nos profesionais como no conxunto da cidadanía, que se queixan, día si e día tamén, deste funcionamento en precario”.
Suárez Barcia sinalou que “no tocante á propia infraestrutura do edificio actual evidentemente, como todo nesta vida, ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes. En canto ás primeiras, desde logo hai que destacar a inmellorable situación, no corazón da vila, que é facilmente accesible a pé e máis en coche, xa que a 40 metros escasos temos desde hai varios anos un estacionamento regulado con zona ORA, polo que é difícil que non haxa sitio cerca para que os usuarios deixen os seus vehículos para iren ás consultas. Pola contra, tamén ten deficiencias e están á vista, pois é un edificio que necesita un novo deseño xa que ten amplos espazos baleiros e mal aproveitados, ademais de adoecer de algo fundamental nestes tempos: accesos independentes ás consultas e ao Punto de Atención Continuada (PAC). Estamos seguros de que si se lle fixera a este inmoble actual unha inversión económica ben planificada podería ser unha óptima solución, aínda que parece que polo seu escrito a intención é a de facer un novo centro, para o cal pídennos unha parcela cunha edificabilidade de máis de 2.500 metros cadrados”.
Na carta dirixida ao conselleiro de Sanidade Fernando Suárez indicou que “o Concello de Ribadeo actualmente non posúe unha parcela en solo urbano con estas características. Pero, con todo, iso non significa que non asumamos o compromiso recíproco de intentar cumprir coa petición que eles nos fan, sempre que sexa economicamente viable e tecnicamente posible. E digo isto porque é moi importante que sexa tecnicamente posible pois quizais poidamos ter parcelas que aínda non son nosas pero estean en polígonos urbanísticos, xa que temos afortunadamente un Plan Xeral moderno aprobado, pero iso require unha xestión urbanística que se demora anos. E ao mesmo tempo quizais a situación non vai ser tan céntrica como a do actual edificio”.
E engadiu: “pero en todo caso o que plantexamos é ter unha xuntanza cos técnicos da Consellería de Sanidade xunto cos técnicos municipais para avanzar no diálogo e no compromiso noso, desde logo, de buscar unha solución satisfactoria para a mellora do Centro de Saúde de Ribadeo”.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



