Ribadeo, 24 de novembro de 2021. Corenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofreceran interesantes promocións e descontos durante o Black Friday do 26 ao 28 de novembro.
Desde a presidencia de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “como ben sendo habitual Acisa celebra o Black Friday, con grandes descontos e con participantes de moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos ou agasallos. Estes descontos e promocións estamos seguros de que chamarán a atención dos clientes e farán que desfruten do Black Friday no comercio da nosa vila, sen ter que recorrer ás plataformas de venta online. Como sempre facemos, tamén co Black Friday, queremos recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, e mais nun ano coma este no que nos atopamos, onde se está a ver como os pedidos en grandes plataformas chegan tarde ou non chegan e tamén estamos a ver como se multiplican as estafas”.
Iriarte Quintana dixo que “como ven sendo habitual desde a asociación sacámoslle proveito aos domingos, xa que en moitos sitios esa xornada xa non se celebra o Black Friday por que non se abre, pero en Ribadeo si, algo co que marcamos a diferenza e que o cliente pode aproveitar tamén esta vindeira fin de semana para facer as súas compras e beneficiarse das ofertas e descontos que atopará nos negocios asociados”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “facémolo todos os anos, pero neste Black Friday queremos animar á xente especialmente a que faga as súas compras no comercio de Ribadeo. Estamos a vivir tempos difíciles e necesitamos que a xente aposte polo local. Ademais nesta ocasión non hai escusas, o noso Black Friday de tres días coincide coa campaña das Panchas, na que por cada 30 euros o Concello de Ribadeo regala 10, é dicir recibimos 40 panchas, e coincide tamén coa campaña da tarxeta Acisa Aforro de descontos en carburante, así como coa campaña Mercando en Lugo, que sortea 30.000 euros en toda a provincia. En resumo podes ir a unha tenda, mercar algún agasallo de Nadal que xa teñas pensado, que che apliquen un 20, 30, 50 ou ata un 70% de desconto, pagalo con panchas, levar un desconto para a gasolina do teu coche e se tes sorte pódeche tocar unha das tarxetas de 30 euros rexistrando a compra en mercadoenlugo.com. Non vexo maior oportunidade ca esta para vir mercar a Ribadeo”.
Pérez engade: “toda a información detallada das ofertas, pódese encontrar na nosa web www.acisaribadeo.es ou no noso facebook. Hay grandes ofertas que non merece a pena perder”.
Os establecementos participantes no Black Friday de 2021 son: Ginzo Hombre -Mujer, Lencería Torviso, Sendín Electricidad, Xeito Decoración, R23, Julia Moda Infantil e Lencería, Opticalia, For Friends, Pequerrechos, Pepa Peineta, La Moda Joven, La Moda Sport, Saia, Boutiques Valentina e Del Río, Óptica Carreira, Mika, La Moda Mujer, La Moda Básico, Adele, Boutique Pippol´s, Nana, Siñeiro Hogar, Beep, FarfalaKids, Anais, Fauna, Bora Bora, La Coqueta, Platería Gutié, Sanjurjo, Esprit, Azabache, Phonergy, Bis a Bis, Deportes Docobo, Imag_n 365, Coco, Jatay e Glass”.


















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.