Santiago de Compostela, 17 de novembro 2021. O deputado mariñán do BNG Daniel Castro cualificou “da maior mostra de hipocresía en menor tempo posible, en soamente seis horas, que se viu, polo menos no pouco tempo que levo nesta Cámara, ata día de hoxe” a posición do PP ante a iniciativa que o deputado nacionalista defendeu esta tarde no Parlamento galego para instar á Xunta a desenvolver un Plan de Industrialización e Emprego na Mariña.
“Vostede é capaz de dicir o que dixo hoxe, agora, hai seis horas?”, recriminou ao deputado do PP, Miguel Tellado, ao que reprobou “facer do Parlamento galego o que vostede acaba de facer hoxe: vaia maneira de dignificar a institución que tanto veneran moitas veces vostedes”. “Vostedes son capaces de estar pola mañá na folga xeral da comarca e pola tarde votando en contra dunha das solucións aos problema que levaron a convocar esta folga”, incidiu, logo de advertir ao grupo parlamentario do PP que a crise da Mariña non é só por Alcoa e Vestas, senón que é xeral.
“Nas súas emendas veñen a falarnos vostedes de Alcoa e Vestas, como se o problema fose só este; se cadra ten que ver que non hai no seu grupo sentado hoxe aquí ninguén da Mariña, porque veñen a demostrar que non entenden absolutamente nada do problema: o problema xa estaba aí cando Alcoa e Vestas estaban traballando porque o problema é que con Feixóo pechábanse empresa tras empresa”, censurou ao grupo parlamentario do PP, ao que recordou que coa folga de hoxe, “cun seguimento incrible, con preto de 15.000 persoas nas rúas e practicamente todos os negocios pechados, pese a que o seu goberno decidiuna entorpecer cuns servizos mínimos absolutamente abusivos”, a comarca decidiu “nun exercicio de dignidade colectiva exemplar, dicir basta, despois de anos e anos de desatención, de falta de investimentos e, sobre todo, da crise industrial”.
“O pobo falou e falou claro, dicindo que estaba farto das políticas de Feixóo e de Sánchez”, recalcou, para aclararlle a continuación ao PP que é certo que ninguén segue sen entender que “a SEPI traizoase á comarca, pasando por riba dos acordos unánimes en todos os Parlamentos”, pero que tampouco entende o papel xogado pola Xunta, “o goberno deste País, tamén da Mariña, o goberno coas competencias exclusivas en industria, pero o goberno que, a día de hoxe, non conseguiu nada máis que deserto demográfico e industrial”.
Logo de lembrar que o Bloque sempre estivo xunto aos e ás mariñás en contra do que di o PP -“poden repetir mil veces que a culpa é do BNG, pero ninguén os vai crer, porque os e as mariñás non somos tontos nin tontas e sabemos quen leva gobernando máis de 30 anos neste País”, retou-, o deputado nacionalista subliñou que “A Mariña está en loita”, algo que lle leva dicindo máis de ano e medio “a nosa comarca a Feixóo e Sánchez” aos que responsabiliza da grave crise que padece, polo que exixiu “que traten este tema con algo de seriedade para non faltarlle máis o respecto á xente”.
Así pois, o BNG volveu levar hoxe á Cámara galega alternativas de futuro para a comarca: “un Plan de Industrialización e Emprego para A Mariña, para que o inclúan nos orzamentos; porque é necesario, porque por máis que repitan que o mellor plan é salvar Alcoa e Vestas, non vai ser certo, porque isto é moito máis grave, o problema é xeral”, advertiu Castro, para engadir que “a situación da Mariña é de extrema emerxencia e non só polos casos de Vestas e Alcoa”.
“Porque aínda que se salvasen os empregos de Vestas e Alcoa, e seguiremos loitando por iso, seguiría sendo necesario ese Plan Industrial, porque vai moito mal feito, porque Vestas e Alcoa son soamente o estacazo final e porque non pode ser que A Mariña dependa dunha soa factoría”, incidiu, para subliñar tamén que “isto enténdeo toda a comarca, todos e todas menos o PP e hoxe dámoslle outra oportunidade para mostrar que, polo menos, teñen un mínimo de decencia, movéndose algo, actuando como goberno dunha vez por todas”.
“Porque quero crer, aínda que se me faga difícil, que non serán capaces de estar pola mañá na folga e pola tarde votando en contra dunha das solucións aos problemas que levaron a convocar esta folga”, advertiu, logo de recordar que na iniciativa do Bloque tamén se inclúe unha segunda proposta, directamente vinculada a casos como o de Vestas “en pleno boom eólico”, e que pasa porque a Xunta desenvolva as modificacións legais necesarias para garantir que nos proxectos industriais que veñan no futuro se teña en conta a construción de compoñentes e subministros no País e a vinculación a proxectos de xeración de valor engadido.
“Desde o BNG consideramos que A Mariña leva falando claro moito tempo, mais no día de hoxe en concreto, deixou claro que non aguanta máis e que son os gobernos os que teñen que tomar medidas e o Goberno galego, o primeiro”, concluíu na defensa inicial da iniciativa.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



