Santiago de Compostela, 10 de novembro 2021. “A Atención Primaria está exhausta tras anos de facer de trincheira do sistema sanitario. A Atención Primaria, baseada na proximidade, na accesibilidade, na relación directa profesional-doente e na continuidade da asistencia está en risco”. Así retratou o estado do piar básico sanitario a portavoz nacionalista de Sanidade, Montserrat Prado, quen recriminou no Parlamento galego á Xunta de Feixóo a súa falta de respostas diante desta situación, na que “o descontento, a preocupación e o malestar non fan máis que medrar”.
“E cal é a resposta do PP aos enormes problemas da Atención Primaria, que ten feito?”, cuestionou con severidade, para a continuación censurar que, lonxe de tomar nota, “está aproveitando a pandemia para acelerar a súa política de deterioro da sanidade pública, de non repoñer profesionais, sumíndoa nun pozo máis e máis profundo, no que os orzamentos para 2022 son un claro exemplo”.
Así, nunha interpelación parlamentaria e logo de enumerar os recortes do PP ao longo de 12 anos, Prado advertiu que nun momento de maior capacidade de gasto, pola achega de recursos extraordinarios da UE e do Estado, e sen ter superada a maior pandemia sanitaria que coñecemos, “o orzamento medra tan só un 0,03%”. “Recortan aínda máis o orzamento destinado á Atención Primaria, cando xa estamos á cola de todo o Estado, tan só o 12% do orzamento, máis de 2 puntos menos que a media: non só non se aproxima ao 25% que aconsellan todos os estudos, senón que se afasta”, alertou.
Para a deputada nacionalista, cando máis sería precisa unha auténtica aposta pola Atención Primaria para sacala do “colapso” no que se atopa, “o orzamento aínda é máis baixo que no ano 2020, 2 millóns de euros menos; 47 millóns de euros menos que no 2009, hai 12 anos, que de aplicarlle o IPC, serían máis de 277 millóns menos”.
A este déficit orzamentario, engadiu o empeoramento das condicións laborais das e dos profesionais, cona non renovación dos contratos COVID, “cando segue habendo unha carga de traballo moi elevada, agora ademais coa vacina da gripe ou a terceira dose COVID”. “Precísase non só o 100% do persoal que se contratou pola pandemia, senón aínda máis”, resumiu.
De igual xeito, afeou ao PP a incorporación, “pola porta de atrás da Lei de Acompañamento dos Orzamentos”, un novo contrato para persoal facultativo de familia e comunitario “que supón peores condicións laborais”, así como “querer vender como novas prazas as que estaban cubertas con contratos eventuais, obrigar aos profesionais dos PACs a traballar sen descanso ou non incorporar máis persoal, senón que o mesmo estea ao límite, traballe máis”.
Prado criticou tamén “a ocorrencia” de presentar un sistema de citas por algoritmos, o denominado XIDE (Xestión Integral da Demanda en Equipo), para clasificar e ordenar a demanda. “Unha barreira, o problema non é saber a que profesionais teñen que acudir as e os doentes, o problema é que non hai profesionais”, concluíu. Sobre o anunciado polo Executivo Feixóo como Plan Director de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, censurou que na maior parte das actuacións “non teñen partidas nos orzamentos”.
Para a portavoz de Sanidade do Bloque, non hai unha estratexia que permita normalizar a Atención Primaria que, segundo recalcou, “non é volver á situación previa á pandemia, de axendas interminábeis e masificación, senón que permita dispoñer dos recursos, das e dos profesionais necesarios e da capacidade de tomar decisións que posibilite atender todas as necesidades e demandas da poboación; en definitiva, unha atención sanitaria de calidade”.
Logo de advertir que os centros de saúde deben resolver as necesidades das persoas, Prado instou á Xunta que “deixe de botar balóns fóra e a culpa aos demais”, xa que Galiza ten as competencias en sanidade, e reclamoulle que exerza as súas funcións como Goberno galego que é e fortaleza dunha vez por todas a Atención Primaria, “que non permite máis demoras”. “Se falla a Atención Primaria, o fallo esténdese a todo o sistema e a este ritmo de deterioro, estamos a un paso do colapso xeneralizado”, concluíu.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



