Barreiros, 12 de novembro 2021. O Concello de Barreiros pasa a xestionar o comedor escolar do colexio público de San Cosme para dar continuidade a un servizo que ata o de agora viña prestando a ANPA deste centro e que neste curso non se puido facer cargo polo alto custo e dedicación e dispoñibilidade que conlevaba.
Este servizo complementario ao educativo, e dependente da Consellería de Educación, non se presta desde a Xunta, alegando o baixo número de alumnas e alumnos. Foi esta razón, e tras a petición da ANPA dado o problema que se podería crear para o alumnado, as familias e o propio centro de desaparecer o servizo, polo que o concello decidiu asumir a xestión.
O Concello de Barreiros afrontará os custos do servizo, como os menús, o servizo de cociña, de persoas coidadoras, seguros ou investimentos en cociña ou no propio comedor.
Con este cambio na xestión, implementarase tamén o sistema de cotas que se aplica nos comedores públicos en base ao que as familias aportan entre 0 e 4,5€ día en función da renda familiar.
Ademais, o Concello contará con un convenio de colaboración da Consellería, aprobado no Consello da Xunta de onte, polo que a administración galega aporta 2,5€ por nena ou neno e día que usen o servizo.
Neste sentido, a rexedora barreirense, Ana Ermida, considera que “é unha boa nova que se poida manter o servizo do comedor, aínda que iso supoña un esforzo do Concello para prestar un servizo que non lle é propio; mais que entendemos beneficioso para a comunidade escolar e para os servizos que se prestan en pequenos concellos rurais.” A alcaldesa pon de relevo a implicación e a relevancia dos Concellos para que “exista a menor diferencia posible entre as persoas con independencia de onde residan, porque o certo é que cada día é máis complicado manter servizos no rural e acaba recaendo sempre sobre as institucións municipais que, por responsabilidade e convencidas da utilidade dos servizos públicos, asumen a súa prestación mesmo en casos que non dependen delas.”





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.