Lugo, a 12 de novembro de 2021. O bigoberno provincial dá continuamente mostras da súa concepción sectarista do exercicio do poder. A medida que transcorre o mandato está máis claro que goberna en función das cores políticas, apoiando aos seus e castigando inxusta e inmerecidamente aos outros. Un caso claro do sectarismo que aplica o socialista José Tomé é a súa reiterada negativa a executar a construción do polígono industrial de Riotorto, Concello que no seu día firmou un acordo para tal fin coa extinta sociedade provincial Suplusa. O portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, desprazouse a Riotorto para, dende alí, “unha vez máis denunciar o sectarismo da Deputación de Lugo”. Explicou que o volve facer dende a parcela para o polígono industrial que hai proxectado nesta localidade e que a Deputación de Lugo non ten a vontade de crear.
Castiñeira di que a “elaboración dos orzamentos da Deputación para o 2022 sería unha oportunidade fabulosa para que a Deputación programase ese investimento; así o esperan os veciños de Riotorto, pero, segundo as comunicacións que está a facer a Deputación, esa non é a súa vontade”. Por elo, dende Riotorto denuncia “esa actitude do goberno provincial, que unicamente obedece a criterios políticos e non a criterios de necesidade”.
Pola súa parte, o alcalde, Clemente Iglesias, denuncia a carta recibida do presidente da Deputación con respecto ao polígono industrial proxectado, porque nela “di que para o polígono debemos utilizar os cartos do Plan Único”. Engade: “Teño que dicir que o Plan Único está destinado a outros fins e que nos sentimos totalmente discriminados, pola cor política coa que gobernamos, neste caso o PP, que está na alcaldía; por iso o sectarismo da Deputación Provincial de Lugo cos veciños de Riotorto”.
O alcalde tamén dixo: “Tanto os veciños como as empresas locais serán as grandes prexudicadas pola decisión que nos transmite o presidente da Deputación na carta que recibimos. O goberno provincial non ten vontade política para executar o polígono industrial de Riotorto, a pesar de ter todos os permisos e autorizacións; só falta sacalo a licitación”. Insiste en que “é un proxecto moi importante para o futuro de Riotorto”.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



