Lugo, 23 de novembro de 2021. O discurso socialista tropeza cada día coa realidade, cos teimudos feitos da súa maneira de gobernar. Falan de transparencia e practican o ocultismo; falan de participación e evitan por todos os medios contar coa oposición. Isto, que é a tónica xeral na Deputación de Lugo, presidida por José Tomé (PSOE), volveuse poñer de manifesto na elaboración do orzamento da Deputación para o próximo exercicio económico. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “O Grupo Provincial Popular quere denunciar o ocultismo, a falta de transparencia e de seriedade do goberno provincial, unha vez máis”. Explica: “Dicimos isto porque o presidente da Deputación presentou os orzamentos para o 2022 no Pazo do Hórreo (no Parlamento de Galicia) o 4 de novembro e ata 18 días despois o grupo provincial popular non puido ter acceso a esa documentación, xusto dous ou tres días antes da celebración das reunións das comisións”.
Castiñeira pregúntase que quere ocultar o goberno da Deputación, por que os deputados do PP non poden dispoñer da documentación moito antes para poder facer unha análise rigorosa, dunhas grandes contas “que entendemos son fundamentais, que son os da recuperación”. O portavoz popular di: “Por que todo á presa, por que non se nos chama a pesar de que nos ofrecemos moitas veces; por que non se conta co partido maioritario, que representa a 67 corporacións (32 alcaldes)”.
O portavoz popular di: “É penoso e lamentable. Ofrecémonos para colaborar nestes orzamentos, para dar as nosas opinións; de feito, démolas, fixemos propostas. Agora temos que estudar se algunha delas está dentro deste orzamento. Temos dous días, moi pouco tempo para traballar sobre un documento tan importante. Lamentable, señor Tomé; así non”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



