Santiago de Compostela, 23 de novembro 2021. A través dunha moción en defensa da Atención primaria, a portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado demandou ao goberno galego, un cambio de rumbo na política sanitaria e pediu á Xunta “que escoite o clamor social nas rúas reclamando unha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade”.
O Partido popular presentou unha emenda ao texto do BNG que a deputada rexeitou por considerar que edulcoraba os puntos da moción e “non aportaba ningunha medida na dirección de reforzar a Atención Primaria” como reclamaba a nacionalista.
Na defensa da moción, Montse Prado afirmou que “o PP leva 12 anos desoíndo os avisos para reforzar a Atención primaria, desoíndo os avisos sobre a necesidade de garantir o relevo xeracional e desoíndo os sinais de socorro ante a saturación e o colapso”.
O PP, reiterou Prado, leva 12 anos descapitalizando a sanidade pública e desmotivando aos seus profesionais con políticas que conduciron a Atención primaria á “UCI”, unha Atención Primaria “ moi querida nos discursos da Xunta pero esquecida nos recursos”.
Montse Prado indicou que os aplausos dedicados ao persoal da sanidade pública durante a pandemia, “quedaron en nada” como constatan as contas da Xunta para o 2022. Prado insistiu en que o actual contexto precisa “auténtica aposta pola Atención Primaria” e non aplicar un orzamento máis baixo que no ano 2020, con 2M€ menos. A respecto do ano 2009, engadiu, son 47 millóns de euros menos pero, a maiores, se nestes 12 anos, fose aplicado o IPC, a cifra situaríase en “277 millóns de euros” que a sanidade pública non recibiu.
Por outra banda, a deputada tamén criticou “o ninguneo” e falta de recursos orzamentarios que colocan a Galiza “na cola” do Estado en investimento en Atención Primaria cun 12% e moi lonxe do aconsellado por todos os estudos. “A Atención primaria galega sae da crise da COVID máis debilitada do que entrou” afirmou.
O PP deixa esmorecer a Atención primaria
Si a Atención Primaria esmorece, esmorece o sistema sanitario público, e con el o dereito á protección da saúde. Neste sentido, asegurou que as medias propostas polo BNG, “son factibles”, entre as que destacou: restituír a atención presencial ao 100% con todas as garantías sanitarias, limitar as consultas telefónicas ou telemáticas a actividades complementarias, reabrir os consultorios pechados ao inicio da pandemia, garantir a atención telefónica sen demoras coa dotación necesaria no servizo para que os profesionais podan responder ao aumento da demanda.
Ademais, a moción do BNG incluía a aprobación e publicación das conclusión das comisións de traballo do Consello Técnico de Primaria, poñer en marcha as axendas con procesos finalistas de cada profesional, recoñecer o mapa de competencias de cada categoría e incorporar á Carteira de Servizos de Atención Primaria categorías imprescindíbeis para prestar unha atención integral e descolapsar as listas de espera. “Persoal de psicoloxía e farmacia clínica, terapeutas ocupacionais, logopedas, traballadoras sociais, podólogos” tamén foron demandados na iniciativa do BNG.
Medidas para rematar coa precariedade laboral
A deputada denunciou a precariedade e explotación nas contratacións de persoal na sanidade pública e defendeu rematar con esta situación laboral anómala con medidas como: un plan de retorno e captación de profesionais con contratos dignos e estables e sobre todo, “evitar que sigan marchando para a sanidade privada e o estranxeiro”.
Ao eu xuízo, urxe un Plan de Ordenación de Recursos Humanos para identificar persoal de cada colectivo e proceder a súa cobertura, en todas as categorías tanto nos centros de saúde como nos PACs e retirar na Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, que acompaña aos orzamentos da Xunta para 2022, no capítulo IX. Sanidade, o artigo 34: “Medidas extraordinarias en materia de planificación e ordenación de recursos humanos de atención primaria de Galicia” porque non recolle as verdadeiras demandas da sanidade nin inclúe a súa negociación cos profesionais. Persisten en anunciar accións para mellorar o modelo organizativo, implantando “axendas de calidade” cando “non hai organización que valga se non hai aumento de persoal, nin orzamento”.
As axendas de calidade son “papel mollado” se non hai profesionais, dixo con rotundidade e volveu a reclamar ao PP “un cambio de rumbo” e unha aposta decidida pola Atención Primaria.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



