
Portrait of grey wolf in the forest
Muras, 30 de novembro de 2021. O Partido Popular de Muras, que encabeza Eugenia Requeijo, vén de presentar un recurso de reposición “á dobre” votación ordenada polo alcalde á moción dos populares polas que se pedía ao Goberno declinar na súa intención de incluír esta especie na listaxe LESPRE.
Os populares adoptaron esta decisión porque o rexedor decidiu repetir o voto, unha vez percatado de que perdera a votación. Dende o PP consideran esta segunda quenda como “unha desviación de poder do nacionalista”, pois para levala a cabo “nin alegou ningún tipo de xustificación nin explicación de base xurídico-administrativa”, detalla Requeijo.
O resultado fora 3 votos a favor do PP, 1 en contra do PSOE e 3 de abstención do BNG, quedando legalmente aprobada, pero o rexedor, ao darse conta desta cuestión, decidiu unilateralmente repetir o proceso. Por se isto fose pouco, neste segundo intento prodúcese tamén unha alteración do sentido do voto en dous concelleiros, os 2 do BNG, incluído o do propio alcalde.
O alcalde e o BNG “prexudican” aos gandeiros
“Non se alega nin xustifica a decisión do rexedor de volver a votar. Por riba, prodúcese na segunda votación un empate, que non desemboca nunha nova votación, senón nunha interpretación directa do alcalde de que co seu voto xa se resolve dita votación, sen necesidade de legalmente resolver o empate”. Por este motivo, continúa Eugenia Requeijo: “estamos ante un claro atentado ao funcionamento democrático dos órganos de goberno locais e, o que é peor, o alcalde e o BNG cambiaron o voto para prexudicar os intereses dos gandeiros e veciños e defender ao seu partido”.
Ante a gravidade da situación, a popular informará da situación os gandeiros e elevará, no seu caso, unha queixa á Valedora do Pobo. “Os veciños de Muras teñen que saber como actuou o goberno municipal, deixando tirados aos gandeiros ante os ataques dos lobos”, remarca.
A voceira do PP reafírmase así en que a primeira votación foi aprobada legalmente e que a segunda “é nula de pleno dereito e non deixa de ser un abuso e desviación de poder do alcalde”.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



