A Pastoriza, 5 de novembro de 2021. A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero avanzou hoxe que defenderá unha batería de iniciativas parlamentarias coas que reclama, ao Goberno de Feijóo, emprazar a nova planta de residuos que dará servizo aos concellos de Riotorto, Meira, Pol, A Pastoriza, A Pontenova e Ribeira de Piquín, no Punto Limpo Serra de Meira en Xuncás (A Pastoriza), que xa conta con dotacións de auga, luz e accesos.
Neste mesmo emprazamento no concello da Pastoriza, Patricia Otero presentou esta proposta acompañada polos Alcaldes e concelleiros das vilas afectadas. No acto estiveron o Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra; o Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde; o Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico e o Alcalde de Pol, Lino Rodriguez Ónega.
A Deputada Socialista lamentou a falla de diálogo da Xunta nun tema tan importante como a xestión dos nosos residuos, “e onde hai 6 concellos afectados, pero lamentablemente dende o sectarismo político habitual do PP só se escoitou ao único onde goberna, é dicir o concello de Riotorto”, dixo.
Así as cousas lembra “que o pasado 27 de setembro a conselleira de Medio Ambiente anunciou que a parroquia de Aldurfe, no concello de Riotorto, ía ubicarse a nova planta de residuos. Pero unha vez anunciado este emprazamento, e trala presión dos veciños e veciñas que viron como este proxecto da planta afectaba ás súas explotacións gandeiras e incluso ás súas vivendas, a Xunta, a Conselleira e o Concello de Riotorto recuaron con esta radicación, e nestes intres están a buscar un novo emprazamento dentro do concello de Riotorto”.
Aldurfe un desatino
“O emprazamento de Aldurfe foi un completo desatino e tamén unha improvisación por parte da Conselleira, que a día de hoxe aínda non resolveu esta situación. A veciñanza, os gandeiros, os alcaldes, os grupos políticos progresistas, as asociacións veciñais, os sindicatos agrarios foron un clamor social contra este emprazamento”, replicou a deputada.
Opacidade e falla de transparencia
Advirte que “os alcaldes afectados neste proceso tamén amosaron o seu rexeitamento desta ubicación en Aldurfe. E diante desta situación asi como do ninguneo total por parte da Xunta, enviaron unha carta ao Goberno galego no que se queixaban da falla de transparencia e opacidade coa que Sogama, dependente da Consellería de Medio Ambiente, e o Concello de Riotorto actuaron coa nova da planta de residuos urbanos”, lembrou.
Concellos afectados
Os alcaldes da Pontenova, Meira, Pol, Pastoriza e Ribeira de Piquín explican que esta planta nese emprazamento encarecería considerablemente os custes económicos desta nova dotación, xa que o punto limpo Serra de Meira en Xuncás (A Pastoriza) xa conta con infraestrutura e non se partiría de cero como no caso de Riotorto. Ademais de que a estes concellos implicados lles afectaría negativamente o emprazamento en Riotorto por mor da distancia e dos quilómetros existentes entre os concellos.
Preguntas na Cámara Autonómica
Nas iniciativas rexistradas na Cámara Autonómica, dende o PSdeG queren coñecer cal ou cales son o motivos que xustifican que a Xunta de Galicia queira
instalar a nova planta de residuos no concello de Riotorto?. Si a Xunta pensa que o concello de Riotorto é o mellor emprazamento para esta nova planta de residuos que ademais tamén presta servizo aos concellos da Pastoriza, A Pontenova, Meira, Pol e Ribeira de Piquín?. E por último, “porque non valora a Xunta de Galicia emprazar esta nova planta de residuos no punto limpo Serra de Meira en Xuncás (A Pastoriza) que xa conta con dotacións de auga, luz e con accesos?”.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



