Burela, 14 de novembro, 2021. Os galegos pelexaron con seriedade fronte ao colíder, fixeron méritos ante Viña Albali Valdepeñas FSF aínda que sucumbiron ante a entidade do rival (4-1).
Tras a iniciativa de Catela, que aproveitou un erro de Quintela no minuto 4, o Pescados Rubén Burela FS demostrou a súa garra e efectividade na estratexia, cun saque de David Pazos que culminou Wanderson. Matheus, a balón parado, e Catela, en transición, déronlle a vantaxe ao conxunto local para recibir o descanso con 3-1 desfavorable para os galegos nunha parte moi equilibrada.
Edu Sousa fíxose grande ante os laranxas, con dúas de ouro de Álex Diz e Lucho. E de novo a estratexia outorgoulle o gol ao Valdepeñas, no minuto 33. Con 4-1, os burelistas apostaron con xogo de cinco pero non puideron bater a rede castelano-manchega.
O Pescados Rubén Burela FS volverá a Vista Alegre xa o sábado, día 20, coa visita de Jimbee Cartagena (18.30 horas).
Ficha técnica
Viña Albali Valdepeñas FS: Edu Sousa, Lemine, Lolo, Rafa Rato, Sergio G., cinco inicial; tamén xogaron Catela, Chino, Humberto. A. Geragthy, Matheus, Nano, Óscar de la Faya
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Isma, Renato, David Pazos, Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Wanderson, Iago Míguez, Álex Diz, Lucho, Nito
Goles: 1-0, minuto 4, Catela; 1-1, minuto 6, Wanderson; 2-1, minuto 17, Matheus; 3-1, minuto 20, Catela; 4-1, minuto 33, Humberto
Árbitros: Moreno Durán // Moreno Reina. Por Valdepeñas amarela a Matheus, Catela. Por Burela amarela a Iago Míguez.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 6 de Primeira Masculina disputado no Virgen de la Cabeza.Principio del formulario
Principio del formulario























Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



