Burela, 7 de decembro de 2021. O alcalde, Alfredo Llano, destaca o traballo realizado por Astilleros Armón, empresa instalada na localidade desde o ano 1992, tras a botadura dun novo megaiate de luxo. Trátase de o Nebula. O rexedor subliña o rigor e o compromiso desta firma á que felicita pola súa forma de traballar.
O alcalde declara que “Astilleros Armón está instalado no noso concello desde o ano 1992 e veu co obxectivo claro de facer naves cada vez mellores e moi diversas porque tanto fai pesqueiros como iates e megaiates. Todo o que se propón sácao para adiante porque hai moito rigor, moito traballo e moito compromiso moi ben organizado. É un exemplo claro de como hai que traballar”.
Llano dixo: “quérolles dar os parabéns a toda aquela xente que dunha forma ou doutra intervén na construción de naves, desde os dirixentes ata aos traballadores porque lle dan unha solvencia a Burela e tamén á construción naval. Penso que é moi importante que saque este tipo de naves, como a última que ten agora atracada no porto de Burela, que se chama Nebula. É un megaiate que ten todas as facultades para presumir da boa construción deste buque. Ademais xa leva incorporado cousas que a min me parecen moi importantes como o respecto ao medio ambiente, os motores xa van pensados para que contaminen o menos posible e tamén tratan dun xeito especial o lixo e a auga. Así que as novas tecnoloxías se impoñen e o criterio que se debe estimar importante para esta construción. Así que parabéns para Astilleros Armón por esta nova criatura que acaban de botar no porto de Burela”.
Burela FSF
O alcalde burelés felicita ao Burela FSF que esta pasada fin de semana se proclamaba Campión de Europa en Lugo, ata onde se desprazaron centos de afeccionados para animar ás guerreiras laranxas que seguen a recoller novos éxitos. O rexedor salienta que “é importantísimo para nós. Ven sendo habitual, é unha costume, pero aí está o fútbol sala feminino do noso concello, o Burela FSF. Eu tiven o pracer de estar o outro día na final onde o único que fixeron foi amosar a súa forma de traballar e a súa forma de xogar con elegancia, categoría e compromiso. Dan moi bo sabor de boca e debemos estar todos os veciños e as veciñas de Burela contentos con todos estes acontecementos deportivos, que son moi motivadores para todo aquel ao que lle guste o deporte. Parabéns para o Burela FS feminino, para o seu club e para toda a veciñanza de Burela porque penso que hai moita repercusión e moito detrás destas vitorias que non é, nin máis nin menos, que a boa afección que hai no noso concello e viuse plasmado o domingo no pavillón en Lugo que estaba abarrotado de xente de Burela. Así que parabéns para eles, é unha maneira moi bonita de saír nos medios grazas a estes acontecementos que lle dan moita importancia ao noso concello”.
Fibra de alta velocidade
O alcalde, Alfredo Llano, anuncia que “agora mesmo estamos seleccionados para a instalación de fibra de alta velocidade no noso concello. Xa levan tempo colocando fibra para ter unha boa transmisión e unha alta velocidade no noso concello. É algo moi bo porque presta un servizo grande pensando na aplicación de novas tecnoloxías, sobre todo transmisión e información. Penso que Burela, por estas razóns e outras que virán, sería un bo exemplo de como hai que facer as cousas”.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



