Viveiro, 7 de decembro, 2021. A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza nestes días cunha morea de actividades e sorteos con miles de premios.
As rúas respiran aire de Nadal ca decoración de abetos naturais colocados nas entradas dos comercios, que cada un adornou votando man da imaxinación. Abetos que despois da campaña navideña prepáranse para seren replantados no Monte San Roque, dando máis vida a estes árbores. A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano.
Para facilitar as compras no comercio local e que os clientes non teñan necesidade de desprazarse, os negocios abrirán os domingos 19 de decembro, e o domingo 2 de Xaneiro.
O arbol de luces xigante instalado na Praza Maior de Viveiro servirá ata o 7 de xaneiro como escenario para buscar o mellor Selfie do Nadal, concurso que se porá en marcha a través das redes sociais e que terá como premio unha cea no local de hostalaría asociado ó CCHV que escollan os gañadores.
Dende o día 21 ata o 24, instálase nos Xardíns Noriega Varela (zona do Templete da Música) a “Casita de Papá Noel” en colaboración có Concello de Viveiro, en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde.
Durante os primeiros dias serán os Elfos os que reciban ós nenos e os dias 23 e 24 será o propio Papá Noel o que recolla tódalas cartas e atenda as peticións dos máis pequenos. Este ano ó carón da Casita colocarase tamén un buzón xigante onde os nenos poderán depositar as súas cartas. Recuperamos así un clásico no Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos da comarca cheos de ilusión.
O luns 27 de Decembro ás 20:00 horas, terá lugar na sala da Biblioteca Municipal o espectáculo contacontos “Antía A Apalpadora” dentro da programación de Nadal da Área de cultura da Deputación de Lugo. A obra está protagonizada por Antía, a filla do Apalpador, que acompañada polo trotamúsico Andre virán dende O Courel para achegar ós nenos de Viveiro as lendas da Montaña.
E o máis esperado do Nadal e polo que moitos clientes nos preguntan dende hai días, volve o sorteo dos 3 soldos de 1.200€ do CCHV. O reparto das papeletas será a partir do día 21 cas compras realizadas nos comercios asociados e entregaranse ata o dia do sorteo.
Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados. O sorteo farase o 4 de xaneiro de 2021 ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro. Este sorteo vai xa pola 9ª edición, despois de ter que suspenderse o ano pasado por mor da pandemia, e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal.
Tamén este ano retomamos o Concurso de escaparates e decoración navideña. Hai dúas categorías, unha para comercios e outra para hostalaría. Premiaranse os dous locais que mellor decoración de Nadal teñan, tanto dentro dos negocios, como nas fachadas, como na orixinalidade da decoración do abeto natural que lles reparte o CCHV e que colocan nas entradas dos negocios.
O CCHV tamén forma parte da campaña “Mercando en Lugo” da man da Deputación provincial, onde se poñen en xogo 30.000€ en tarxetas regalo, repartidas en 1.000 tarxetas de 30€ cada unha.
A forma de participar é moi sinxela, basta con sacar unha foto ó tícket de compra, de mínimo 10€, e subila á web www.mercandoenlugo.com. Os tickets serán válidos ata o 31 de decembro.
Este ano tamén queremos mimar cada agasallo que se merque no comercio local polo que se repartiron entre os negocios asociados,
15.000 bolsas de papel, pegatinas e tarxetas personalizadas de “Producto mercado en Viveiro”, un packagin para preparar os agasallos de Nadal e que o comercio local marque a diferencia.
Gran cantidade de actividades, sorteos e premios para dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local, e acadar que Viveiro continúe a ser, un ano mais, referente de compras en toda a comarca.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



