Mondoñedo, 9 de decembro, 2021. O Concello de Mondoñedo presenta as Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía que chegan, neste ano 2021, á súa vixésimo primeira edición.
As datas de celebración serán os días 17, 18 e 19 de decembro de 2021 que son respectivamente venres, sábado e domingo, e con elas téntase recuperar a normalidade das mesmas, voltando a realizarse unha edición presencial, tras unha pasada de 2020, telemática.
No programa, hai unha primeira conferencia o día 17 no Centro Comarcal, situado na rúa Julia Pardo, sobre o traballo dos arqueólogos profesionais hoxe en día e a importancia da súa labor para conservar o noso patrimonio.
A segunda conferencia, que ademais será a presentación dunha obra sobre as orixes de Mondoñedo, terá lugar o día 18 no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo e, por último, retomaranse as visitas guiadas, o sábado ao Centro de Interpretación dos Abastecementos de Auga de Mondoñedo situado na Fonte Vella, de recente creación e, o domingo día 19, está programado unha viaxe ata o Castro de Santa Tegra en A Guarda, Pontevedra.
Mais, con todo, dado o éxito do pasado ano, non se perde o formato dixital a través da plataforma Zoom, na que se creará unha sala específica para ver as intervencións e participar nos debates posteriores que podan xurdir das mesmas.
E, por outro, tamén se empregará a infraestruturas que proporciona “The Mondonedo Valley” na súa páxina de youtube (The Mondonedo Valley – YouTube) na que se emitirán en directo todas as conferencias e serán de acceso libre, tanto no directo como para logo ver as conferencias en diferido.
Para a matrícula no curso hai que aportar á organización nome, datos de contacto, DNI e e-mail a través dunha chamada aos teléfonos 982 52 40 03 ou 982 50 71 77, dependentes do Concello de Mondoñedo, ou directamente enviando estes datos ao enderezo electrónico xornadas.arqueo@gmail.com.
O prazo de matrícula finaliza o venres, día 17, ás 14:00h.
Horario detallado, conferencias e poñentes.
Venres 17 de decembro – En Pazo Santomé (Rúa Julia Pardo)
19:30h. Entrega de Documentación.
19:45h. Acto de Inauguración.
20:00h. Conferencia.
“A Arqueoloxía Profesional Hoxe”
D. Lino Gorgoso López
Arqueólogo profesional
Sábado 18 de decembro – (Conferencia en Salón de Plenos do Concello)
11:30h. Visita guiada ao Centro de Interpretación dos Abastecementos de Auga de Mondoñedo. En A Fonte Vella
17:00h. Conferencia /Presentación de Libro (Salón de Plenos da Casa do Concello)
“As Orixes de Mondoñedo. Prehistoria, Idade Antiga e Tardorromanidade”
Intervirán:
D. Xe Freyre – Prologuista da obra.
D. Manuel Ángel Otero Legide – Alcalde do Concello de Mondoñedo
Dr. D. Abel Vigo García – Autor da obra. Arqueólogo do Concello de Mondoñedo
Domingo 19 de decembro
8:00 h. Saída para a visita, dende o cruce de Avda. Bos Aires con Rúa da Fonte.
12:30h Visita guiada:
Castro de Santa Tegra e Museo Arqueolóxico do Castro de Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra)
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



