Ribadeo, 9 de decembro 2021. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, sinala que “este año Ribadeo cuenta con un alumbrado navideño pobre y escaso. Incluso me atrevería a decir que es discriminatorio en algunas calles”, engade.
Para a popular está claro que foi instalado “a prisa y corriendo”, que volve demostrar a falta de planificación por parte do goberno local do BNG sobre as festas do Nadal. Sierra compara o alumeado de Ribadeo co doutros concellos da Mariña que “también promueven sus encantos turísticos”.
Advirte a popular do goberno do BNG en Ribadeo que “discrimina calles que están bastante afectadas por la pandemia, lo que causó enfado y malestar entre el sector servicios”.
Sierra sinala que “echamos en falta los detalles luminosos a pie de calle que dinamizaban el comercio y servían de promoción turística de nuestro ayuntamiento haciendo que las fotos llegasen a muchos puntos del mapa español y del estranjero”.
A popular considera que “esta situación responde al ‘yo ordeno y mando’ provocando un malestar entre la hostelería y el comercio. Se trata de un gobierno local que no trabaja y toca su fin”, conclúe.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



