O filósofo Ortega y Gasset escrebiu o 15.11.1930 un artigo no xornal madrileño El Sol, no que dixo que o rei Alfonso XIII fixera un erro grandísimo ao lle encargar, en febreiro dese ano, ao xeneral Berenguer voltar ao réxime constitucional monárquico de 1876 de xeito normal, como se os sete anos da brutal ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) puidesen pasar de esguello. Velaí porque o filósofo considerou Berenguer obxecto (non é o erro de Berenguer, mais si o erro Berenguer) e non suxeito, cualidade que lle pertencía ao malfadado rei Alfonso XIII. O artigo contribuiu á caída da Monarquía borbónica en abril de 1931.
Nesta fin de 2021 Núñez Feijóo está a facer o erro Tellado. O PPdeG, que acadou un 48% de votos en xullo de 2020, percebe dende o remate do verán de 2021 que o BNG segue tan forte como nas eleccións nacionais de 2020. Mesmo máis forte. Por primeira vez o PPdeG albisca a posibilidade real, mesmo a probabilidade, de perder as eleccións nacionais de 2024 fronte unha coalición opositora liderada polo BNG. Quer dirixa ao PPdeG Núñez Feijóo,quer o dirixa calquera outro.
Fronte este proceso, Núñez Feijóo anima un discurso Tellado, demonizador do BNG, que vai totalmente á contra do que pensa a xente, ademáis de respostar a esquemas vellos e caducos. Porque o BNG definiu bastante a xeito na súa remuda congresual de novembro a dicotomía entre a ideoloxía de base (son soberanistas e defenden o dereito a decidir de Galicia) e a praxe que propoñen para a Galicia de arestora: un autogoberno blindado, a recadación e xestión de todos os tributos e unha lingua de uso preferente nun Estado transformado como plurinacional e nunha Unión Europea tamén transformada nunha Europa da cidadanía e dos pobos. É dicir, unha cosoberanía galega nun esquema confederal e plurinacional estatal e europeo.
Emitir mensaxes de medo a respecto do BNG como inimigo da convivencia non pertence a esta época, nin á nosa realidade. E enviar ao segundo Tellado para que os emita amosa que se está a perder o sentido da evolución dos tempos, mesmo que se está a perder o sentidiño. Ese sentidiño que a cidadanía galega esixe, agora e sempre, dos seus líderes.
A deputada do BNG Olaia Rodil no Parlamento de Galicia encaixou Tellado moi ben e mais ubicouno onde lle pertence: nos espazos da vella política dependentista que centos de milleiros deste País queren pechar, abrindo os que lles vencellen cos progresos da nova Europa, cos progresos do novo Mundo.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



