O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) co obxectivo de afondar no coñecemento das patoloxías asociadas a protozoos ciliados que afectan aos moluscos bivalvos na súa produción en criadeiro, proceder á súa identificación e control e mellorar así o éxito da produción de semente en criadeiro.
Esta acción, que se desenvolverá no marco dunha investigación xa en marcha no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Ribadeo sobre a adaptación da navalla e da ameixa babosa no seu paso do criadeiro ao medio natural, conta cun orzamento de preto de 40.000 euros a distribuír nas anualidades 2022 e 2023 coa finalidade de compensar os custos nos que incorre a USC para o desenvolvemento dos labores que inclúe esta colaboración.
Este traballo susténtase na coordinación histórica entre ambas partes e no saber facer do CIMA de Ribadeo no ámbito dos cultivos mariños así como na investigación sobre patoloxías en acuicultura no caso da Universidade de Santiago. O obxecto principal do convenio é identificar os protozoos ciliados que infectan as larvas causando mortalidade dos moluscos bivalvos en criadeiro e establecer medidas de prevención e control -como a posible desinfección da auga- para favorecer unha mellora da produción.
O convenio de colaboración estará vixente desde a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2023 e poderá ampliarse de mutuo acordo. Co obxectivo de asegurar o debido cumprimento do acordo crearase unha comisión de seguimento formada por dous membros da Consellería do Mar e outros dous da USC.
Outras investigacións
Esta acción de investigación concorda con outros traballos entre a Consellería do Mar e a USC como as colaboracións seladas tanto este ano como en 2019 para estudar melloras na produción de semente en criadeiros e o desenvolvemento larvario dos bivalvos para favorecer o abastecemento do sector e así incrementar a produción marisqueira e os ingresos dos profesionais do sector.
























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



