A Coruña, 28 de decembro de 2021. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe o importante revulsivo que suporá para os concellos da comarca da Mariña a aposta que fai Goberno pola promoción do turismo sostible no destino da Mariña lucense. Fixo estas declaracións ao anunciar que o Boletín Oficial do Estado vén de publicar a resolución da Secretaría de Estado de Turismo que informa do convenio asinado polo Goberno coa Mancomunidade de Municipios da Mariña e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña lucense.
O delegado explicou que o apoio do Goberno a este proxecto enmárcase na súa aposta pola dinamización económica da provincia de Lugo, especialmente na comarca da Mariña, e o compromiso coa promoción turística de Galicia. Así, salientou que a inclusión do proxecto presentado pola Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense no Plan de Sostibilidade Turística suporá unha inxección económica por parte do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo de 1.000.000 euros para un proxecto que mobilizará un orzamento total de 2.225.000 euros tal como estipula o convenio.
Miñones, que avanzou este compromiso nas visitas que efectuou nas últimas semanas a varios dos concellos que se beneficiarán do plan, remarcou que este é un exemplo de colaboración institucional pois o Goberno respalda economicamente unha iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña, que conseguiu tamén o apoio da Xunta, para que se poida desenvolver un proxecto que supón unha importante oportunidade para esta comarca lucense.
Co Plan de Sostibilidade Turística na Mariña lucense trátase de poñer en valor os numerosos atractivos que ofrece a comarca, co desenvolvemento de diversas iniciativas en torno ao Camiño do Mar, a Ruta Pardo de Cela, o turismo slow, o agroturismo e o turismo gastronómico, entre outros. Tal como destaca o convenio asinado pola Secretaría de Estado de Turismo coa Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense e a Axencia de Turismo de Galicia o proxecto ten o obxectivo de impulsar un desenvolvemento turístico sostible na comarca, poñendo en valor o seu patrimonio cultural e natural protexido para frear a perda demográfica nas áreas rurais.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



