Lugo, 26 de decembro de 2021. O Grupo Provincial do BNG levará ao vindeiro pleno provincial – 28 de decembro – unha moción para demandar á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado medidas eficaces e urxentes para paliar as perdas das gandeirías de carne.
Segundo explican desde a formación nacionalista, a pandemia do Covid non fixo máis que agravar a situación de afogamento que leva padecendo o sector nos últimos anos debido a un incremento continuo dos custes de produción, agora disparados pola suba dos insumos, o gasóleo ou a electricidade.
Desde o BNG, esixen aos gobernos galego e estatal mecanismos eficaces que eviten que os gandeiros vendan a perdas e ferramentas que garantan a produtores e produtoras un verdadeiro poder de negociación fronte á industria e á distribución.
Nese sentido, a proposta que se presentará para o debate no pleno demanda a creación dun foro ou mesa sectorial arbitrada pola Xunta de Galicia que tome decisións vinculantes; a creación, no desenvolvemento da Lei da Cadea Alimentaria, dunha ferramenta pública e accesible que determine o cálculo para obter os custos de produción de referencia así como a introdución nos contratos entre produtores e comercializadores de claúsulas de actualización automática ligadas á evolución dos custos de produción.
A moción do BNG tamén demanda á Consellería de Medio Rural un programa de axudas ao sector, que estableza pagamentos directos aos gandeiros e gandeiras e garanta a continuidade das granxas.
A deputada nacionalista Mónica Freire explicou que “a iniciativa pretende dar respaldo político e institucional as demandas dos gandeiros e gandeiras e situar no centro do debate as problemáticas dun sector fundamental para a provincia de Lugo, que conta con máis da metade das granxas de vacún de Galiza.
A tamén deputada de Medio Rural advertiu que “ de non existir solucións reais a curto e a longo prazo, moitas destas granxas veranse obrigadas a pechar, con consecuencias económicas, sociais e ambientais críticas, sobre todo en comarcas como A Fonsagrada, Os Ancares, O Courel ou mesmo Sarria ou a Terra Chá onde as gandeirías de vacún teñen un peso moi importante na riqueza e na xeración de emprego e no mantemento do territorio”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



