Lugo, 23 de decembro de 2021. O Goberno da Deputación de Lugo anuncia que elevará ao Pleno ordinario deste mes, que terá lugar o vindeiro martes, 28 de decembro, o debate e aprobación das bases do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022, ao que destina 21,5M€ para desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou medidas fronte á Covid-19.
Desta forma, por segundo consecutivo o Executivo provincial saca adiante o programa de investimentos no exercizo anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poidan poden aproveitar mellor os fondos.
Como novidade e para facilitar a tramitación administrativa, algo moi importante sobre todo para os concellos máis pequenos, establécese que só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando trámites intermedios.
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, explica que “este é un avance importante para os concellos, que nos expresaban que en ocasións tiñan dificultades para preparar e enviar a documentación en tempo e forma. Desta maneira, dáselles máis autonomía e só deberán informar á Deputación unha vez rematados os traballos ou feitas as accións ou actividades”.
Así mesmo, o mandatario provincial explica que esta medida “forma parte do noso compromiso de máxima cooperación cos concellos. Cada ano tratamos de incorporar melloras no Plan Único, sempre pensadas para facilitarlles a planificación e a xestión dos investimentos e para que estes fondos sirvan da mellor maneira posible para atender as necesidades dos seus veciños e veciñas. Así se vén facendo nos últimos anos, onde o Plan se adaptou á nova situación sanitaria abrindo unha nova liña para paliar o impacto da Covid-19 co fin de ser unha administración útil e próxima para combater a crise provocada pola pandemia e favorecer a recuperación social e económica”, subliña Tomé Roca.
Apertura do prazo en xaneiro
Ao aprobarse neste mes as bases do Plan Único, o Goberno da Deputación prevé que a principios de xaneiro xa se poida abrir o prazo para que os concellos presenten os proxectos que queren desenvolver cos fondos do Plan Único.
Ademais, ao igual que o pasado ano, as entidades locais poderán imputar os gastos de contratación de persoal dende primeiros de ano, o que lles axudará a aproveitar mellor o Plan Único e que favorecerá a creación de postos de traballo.
A institución provincial continúa coa liña Covid-19 para apoiar e colaborar cos municipios nas necesidades que teñan derivadas da pandemia. Así mesmo, é unha vía de apoio ó sector servizos como a hostalería, turismo e comercio, actividades que resultan das máis gravemente afectadas polo impacto da pandemia e que son o músculo da actividade económica da provincia. Unha medida que amosa que as políticas da Deputación están pegadas á realidade da provincia e axudan a recuperar e a manterse aos sectores produtivos.
Reparto por criterios obxectivos
O Plan Único 2022 mantén a súa esencia, como é a distribución dos fondos en función de criterios públicos e obxectivos, como son a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística.
Estes criterios establecen unha contía máxima de 500.000 e mínima de 200.000€, coa que se blinda o financiamento do concellos máis pequenos.
Distribución dos fondos por concello























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



