Lugo, 28 de decembro de 2021. O goberno provincial mantivo na sesión plenaria celebrada hoxe pola Deputación a súa teima inxustificable de votar sistematicamente en contra das propostas do grupo do PP, por máis interesantes que sexan para os lucenses. Na mesma sesión, de novo, se puxo de manifesto a propensión que ten a bancada da esquerda a tensar os plenos cos acusacións e descualificacións dos deputados do PP e mesmo con falta de respecto ás vítimas da covid e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinalou ao final do pleno: “O que máis botamos en falta é cordialidade por parte do presidente da Deputación, José Tomé (PSOE). Xa non pedimos cordialidade por parte da bancada da esquerda, que o que fai en innumerables ocasións é insultar e mandar recados que non son propios dunha institución como esta. Pero cremos que é grave que o presidente provincial, no día de hoxe, fora capaz de faltarlles as máis de 2.750 vítimas da covid que ten Galicia neste momento, cando indicou que o presidente Feijóo ben deitou da pandemia para gañar as eleccións, nun arranque que non é digno do presidente dunha institución”. Castiñeira considera que “é un falta de respecto ao propio presidente da Xunta, de falta de respecto institucional, pero, especialmente, ás vítimas da covid e as persoas que viven neste momento unha situación delicada por culpa da pandemia”.
Por outro lado, o portavoz popular explicou: “Unha vez máis o goberno da Deputación aplicou o rodillo contra as mocións do PP, mocións que son positivas para os intereses dos lucenses. Neste caso, unha delas era para pedir máis apoio da Deputación para o sector pesqueiro na provincia de Lugo, para a nosa frota, en definitiva. E outra, centrada en Foz, na que pediamos financiamento da Deputación para a construción dunha senda peonil entre a basílica de San Martiño e o castro das Engrobias, contra a que tamén votaron socialistas e nacionalistas”.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



