Ribadeo, 17 de decembro de 2021. A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de mellora da seguridade do Camiño Norte no cruce coa estrada LU-133 (Reme-Vilamar) en Ribadeo, no punto quilométrico 13,6. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado dos traballos, que contaron cun orzamento de 22.000 euros.
Neste punto construíuse unha pasarela de madeira de 2 metros de ancho que discorre paralela á estrada nun tramo en curva. Ademais, instaláronse novos sinais reflectores e con indicacións relativas ao Camiño de Santiago.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a desenvolver un plan de mellora da seguridade das rutas xacobeas nas zonas de confluencia coas estradas autonómicas; destina en conxunto un investimento de 1,4 millóns de euros para executar 70 actuacións, 36 delas na provincia de Lugo. En concreto, neste Camiño Norte fixa intervencións nas estradas LU-133 e LU-132 ao seu paso polos concellos de Ribadeo, Trabada e Lourenzá.
Arias afirmou que “o Goberno galego traballa para favorecer a mobilidade, a comodidade e a experiencia dos peregrinos para atender a maior afluencia que se espera no ano 2022, cando o Xacobeo se prevé máis intenso”.
Pola súa banda, o voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo e deputado autonómico, Daniel Vega, quen comprobou xunto ao delegado territorial da Xunta, Javier Arias, o resultado das obras para a mellora da seguridade viaria e o acondicionamento do Camiño Norte ao seu paso por Ribadeo explicou que “o Camiño Norte cruza a estrada Reme-Villamar nun punto próximo a unha curva e, para reducir o risco que supón a escasa visibilidade, a Xunta instalou sinalización luminosa e marcas viarias para avisar da presenza de peóns na zona”. As actuacións incluíron tamén o acondicionamento do entorno da estrada e a instalación dunha pasarela de 2 metros de ancho “que permitirá aos peregrinos cruzar a estrada e continuar o Camiño pola pasarela evitando ter que camiñar pola marxe da estrada”.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



