Lugo, 02 de xaneiro de 2022. A Consellería de Emprego e Igualdade destina case 430.000 euros para apoiar o mantemento ou contratación de 45 axentes de emprego e desenvolvemento local noutros tantos concellos da provincia de Lugo.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explicou que para conceder estas achegas e determinar a contía tense en conta a media de paro rexistrado en cada municipio durante o ano 2020. Na provincia de Lugo, cada entidade local conta con axuda para contratar un axente.
En canto á distribución por zonas, na comarca da Mariña a Xunta inviste 103.400 euros para manter contratos en 10 concellos -Foz, Ribadeo, Mondoñedo, Cervo, Xove, Barreiros, Ourol, A Pontenova, O Vicedo e Lourenzá- e na Zona Sur destínanse 85.000 euros para contratar nove axentes en Monforte de Lemos, Chantada, Sober, Taboada, Pantón, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Carballedo e Bóveda.
Na comarca de Lugo o Goberno galego apoia con 78.200 euros sete contratacións en Lugo, Rábade, Friol, O Corgo, Guntín, Portomarín e Outeiro de Rei; mentres que na Terra Chá e Meira destínanse 62.800 euros para contar con estes profesionais en sete municipios: Vilalba, Cospeito, Begonte, Riotorto, A Pastoriza, Abadín e Ribeira de Piquín.
No tocante á área da Montaña, os municipios de Pedrafita do Cebreiro, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e As Nogais suman 48.800 euros para contratar cadanseus axentes; mentres que na comarca de Sarria apróbanse 44.400 euros para dispor de cinco en Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo e Samos. Por último, a Xunta contribúe con 7.100 euros a sufragar un contrato en Palas de Rei.
Arias explicou que este persoal ten como obxectivo principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial. Os contratos asínanse por un ano e a Xunta colabora no financiamento dos custos salariais totais dos axentes, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos.
Salientou ademais que o Goberno galego tamén apoia a contratación ou o mantemento de axentes en entidades sen ánimo de lucro para axudar a buscar emprego ás persoas que máis o precisan, como son os colectivos con discapacidade ou en risco de exclusión social.
Con ambas medidas, a Xunta impulsa a Rede de técnicos de emprego de Galicia, que está especializada na promoción de novas oportunidades laborais para apoiar a xeración de novas actividades no ámbito local e rural.
















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



