Viveiro, 20 de xaneiro de 2022. O Concello de Viveiro informa aos seus veciños e veciñas que esta semana deron comezo as obras de arranxo do paseo marítimo de Viveiro e os traballos de reposición e mellora do vial Travesía da Igrexa, en Covas.
En 2021, o Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo asinaron un convenio de colaboración para acometer o proxecto que solucionará os problemas estruturais que presenta unha parte do paseo marítimo. O importe deste proxecto ascende a 115.611 euros, dos que a institución provincial achega ao concello 100.000 euros. O Concello aporta pola súa banda 15.611 euros.
As deficiencias estruturais existentes ao longo da fachada marítima consisten basicamente no basculamento cara ó mar da parte alta do muro de sostemento da fachada marítima, unido a un asentamento do borde exterior da lousa do paseo marítimo. Estas deficiencias orixinaron unha serie de irregularidades na pavimentación, que motivaron o balado da zona co fin de impedir o acceso aos viandantes.
No proxecto que se vai a executar defínense as obras necesarias para reparar 90 metros da fachada marítima de Viveiro e dotar ao mesmo da protección necesaria para a súa utilización de forma segura por parte da poboación. Entre as actuacións previstas inclúense a consolidación do terreo, a execución da lousa e o reforzo da balaustrada.
Travesía da Igrexa
Por outra parte, o Concello de Viveiro incluíu dentro do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021 as obras de reposición da urbanización e mellora dos servizos urbanos existentes da Travesía da Igrexa, en Covas, cunha achega por parte da Deputación de Lugo de 57.904,67 euros.
O obxectivo desta actuación é a reposición da pavimentación do vial en toda a súa lonxitude e a mellora dos servizos urbanos existentes e reestructuración integral do mesmo para garantir a súa funcionalidade.
As obras a realizar consisten no levantado de pavimento e instalacións existentes, mellora da pavimentación, reposición da rede de pluviais, canalización de alumeado público, reposición de escaleiras existentes, saneado de muro de pedra existente e dotación de novas barandas.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



