A fama dun personaxe pode ser un reclamo e funcionar como atraente de masas. Isto pode ser un magnífico medio de difusión de mensaxes pero tamén pode producir enormes problemas cando se fai un mal uso desta, de forma egoísta e sementando información falsa.
Actualmente temos dous casos de figuras que están provocando polémica por causas completamente diferentes, pero cun problema de fondo exactamente igual, o uso político de mensaxes aproveitando a fama do aludido. Refírome á polvareda levantada usando o nome de Almudena Grandes e á xerada polo entorno e o propio Novak Djokovic.
No caso da escritora recentemente falecida, fai uns días liamos en diarios nacionais o seguinte titular “Almudena Grandes no merece ser Hija Predilecta de Madrid pero ya tengo los Presupuestos” (Sr. Almeida, alcalde de Madrid). Para alguén que compatibiliza o traballo na facenda e na vida cultural municipal coma min, paréceme, por ser suave, de moi mal gusto. Certo é, que este debate carece de senso. Sería o equivalente a mesturar churras con merinas, xa que, a cultura non debería estar rifada coa aprobación duns orzamentos, e menos neste caso, no que obviamente non vai condicionar a estabilidade orzamentaria municipal. Pero o Sr. Almeida decidiu botar barro sobre este recoñecemento que a oposición tivo que ligar á aprobación das contas municipais xa que, como indicabamos un pouco máis arriba, para o Sr. Almeida a gran obra creada por Grandes é insuficiente para que o seu pobo a recoñeza.
Señor Almeida, “Una ciudad puede ser algo más que un conjunto de calles con casas donde vive la gente.” (A. Grandes, Corazón Helado), aplíqueo, porque Madrid é máis ca iso e existe o perigo de que a convertan nun páramo.
O tema do tenista comeza a rozar xa o esperpento. Dicía Jean-Paul Sartre “a miña liberdade remata onde comeza a dos demais” e Novak aquí pretende impoñer a súa liberdade fronte á dos demais, afectándoos cos seus actos. Con isto refírome á decisión de non vacinarse e usando a súa condición de referente tenístico impoñer aos demais á posibilidade de enfermar debido á súa irresponsabilidade coa colectividade.
Ao igual que para viaxar a países con certas enfermidades é necesario ter unha vacinación específica, Australia aplica lexislación específica no caso da recente pandemia do coronavirus. Utilizando o seu magnífico traballo coma tenista tenta, a través da opinión pública e enfrontando diplomaticamente a dous países, forzar que se lle autorice impoñer a súa liberdade á da maioría, so por ser quen é.
Hoxe finalmente un xuíz decidiu devolverlle a Djokovic o seu visado. A burocracia foi máis lenta que a realidade, coma habitualmente. Parece que a irresponsabilidade, neste caso e polo momento, gaña punto de set. Veremos como acaba o partido.
A unha non á queren recoñecer coma filla predilecta a pesar dos seus logros e o outro quere impoñerse como tal grazas a eles. “Quizais sexa a propia simplicidade do asunto o que nos conduce ao erro” (E.A.Poe).
Créanme, a cultura sempre debe acompañarnos.
Inés López Couto (2ª Tenente de Alcalde do Concello de Foz)



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



