Lugo, 21 de xaneiro de 2022. Os deputados populares pola provincia de Lugo, Jaime de Olano e Joaquín García, acompañados da deputada por Ourense, Ana Belén Vázquez, portavoz para Interior no Congreso, visitaron esta mañá as dependencias da Comisaría de Policía de Lugo e da Comandancia da Garda Civil, á que tamén se sumou a senadora Rosa Arza. O obxectivo das visitas foio o de coñecer o estado en que se atopan as instalacións, así como a problemática e as carencias que teñen as forzas e corpos de seguridade do Estado na provincia, segundo explicaron Jaime de Olano, Joaquín García Díez, Rosa Arza e Ana Belén Vázquez. Jaime de Olano criticou con dureza o veto imposto polo ministro Marlaska á participación nestas visitas a Elena Candia (presidenta provincial do PP) e Ramón Carballo, ambos deputados autonómicos.
Jaime de Olano manifestou: “Expreso nuestra indignación porque se haya vetado el acceso a esta visita a Elena Candia y Ramón Carballo, que son representantes electos de los vecinos de la provincia. No entendemos este veto de carácter político porque no se puede entender que, desde el Ministerio de Interior, el señor Marlaska haya impedido el acceso a dos cargos electos en esta provincia; se ve que el señor Marlaska es partidario de un uso arbitrario de las facultades que tiene como ministro del interior. Se ve que es más amigo del señor Otegui y de los señores de Bildu, a los que el Partido Socialista ha puesto en el centro de las decisiones del Estado y sin embargo veta a los representantes públicos del PP. No es nuevo en el señor Marlaska, lo lleva haciendo a lo largo de toda la legislatura”. Pola súa banda, Ana Belén Vázquez puntualizou que “en pleno estado de alarma, os parlamentarios autonómicos de Bildu acompañaban aos parlamentarios nacionais de Bildu ás prisións de España a visitar aos presos de ETA”. Puntualizou que “polo tanto, neste momento, ten máis consideración á visita dos presos de ETA que a visita de dous deputados autonómicos de Lugo a coñecer ás instalación”.
Os populares, por medio de preguntas parlamentarias, xa teñen denunciado o déficit de efectivos (faltan máis de 120 axentes de Policía Nacional e Garda Civil, cun catálogo de postos que está obsoleto), unido á falta de material, como chalecos e vehículos.
Despois de visitar ás instalacións da Policía Nacional e da Comisaría, os populares ven plenamente confirmado que as forzas e corpos de seguridade necesitan medios suficientes para poder realizar o seu traballo de defensa dos lucenses. “Deben poder traballar nunhas condicións dignas”, sinalan os citados representantes do PP. Reiteran a súa oposición ao peche de cuarteis, esixen un novo despregamento policial acorde ao século XXI, pero mantendo os cuarteis nos concellos lucenses. Os populares reclaman que se supere o déficit de efectivos, incorporando a axentes en segunda actividade. A este respecto destacan que “o Ministerio do Interior négase a activar esas prazas na provincia de Lugo”.
O PP sostén que é urxente a creación da Unidade de Seguridade Cidadá de Comandancia (USECIC) da Garda Civil, da que só carecen Lugo e Ourense, a pesar de que xa estaban realizados os informes favorables en xaneiro de 2018, e a Unidade de Prevención y Reacción (UPR) da Policía Nacional.
Os mesmos representantes do Partido Popular puxeron de manifesto a necesidade de que o Goberno retome a iniciativa para a construción dunha nova Comisaría de Policía na capital lucense.
O PP demanda “o cumprimento da PNL que se aprobou no congreso o día 12 de marzo de 2021, aprobando a UPR de Lugo, e así llo pedimos nunha carta ao propio ministro Marlaska”. Igualmente expresa aos corpos e forzas de seguridade o seu apoio “fronte á reforma da Lei de Seguridade Cidadá, “porque creará unha España máis insegura, onde os delincuentes terán total impunidade; aos axentes déixaselles sen capacidade de actuar e desprotexidos xuridicamente, o que repercutirá nunha peor seguridade e prestación de servizos”.
Pola tarde, deputados e senadores mantiveron unha reunión na sede do PP lucense con representantes sindicais e asociacións dos corpos e forzas de seguridade, a que asistiron tamén a presidenta provincial do PP, Elena Candia, e o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro, ambos deputados autonómicos.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



