Lugo, 17 de xaneiro de 2022. O presidente da Deputación, o socialista José Tomé, ten demostrado que quere papeis de protagonista principal na escena galega. Tomé recoñece, por fin, que quere converter a xestión dos intereses da provincia de Lugo en pura ficción. E, como tal, a promociona na feira de turismo FITUR. É certo que, grazas ao PSOE a Deputación foi un verdadeiro Gabinete dos irmáns Marx, e con Tomé e os membros do seu goberno, Lugo viviu nos últimos dous anos momentos de película, e tivo o seu propio Titánic no Pelegrín I afundido no Miño, que hoxe podrece nun prado de Begonte; viviu e vive o retorno aos días de El curso del tiempo nas estradas desfeitas da Deputación e agora asiste ao rodaxe doutra ficción que ten por tema a promoción turística de Lugo. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Tómense o turismo en serio, déixense de comedias e sigan un plan, abandonen o suspense e recapaciten, que aínda están a tempo de volver ao stand de Galicia”
O portavoz popular di: “A poucos días de comezar FITUR, temos que dicir que quedamos abraiados coas decisións do señor Tomé e das súas improvisacións, máis propias dun show de Moncho Borrajo que do guión que pretenden vendernos con Lugo de Cine; de cine son as incoherencias do bipartito en materia de turismo, que prefire saírse da marca Galicia, da Galicia Calidade, para meterse no camarote da señora Silva, máis caótico que o propio dos Irmáns Marx”.
Castiñeira explica: “Para o bo e para o non tan bo o cine da moito xogo, especialmente se vives na propaganda e no titular como lle pasa ao bipartito provincial. É certo que podemos ver na figura do señor Tomé ao capitán do Titánic, non só polo pésimo futuro do proxecto, senón pola xestión propia en turismo, como responsable do afundimento do Pelegrín que reflicte a pésima aposta polo turismo fluvial lucense”. Engade: “E que dicir da área de Augas Mestas abandonada pola señora García Porto, titular de Turismo da Deputación de Lugo, que prefire apuntarse ás desculpas de Lo que el Viento se llevó que resolver os verdadeiros problemas e poñela en funcionamento despois de tantos anos perdidos”.
Javier Castiñeira lanza unha mensaxe ao goberno provincial: “Señores do bipartito, déixense de ciencia ficción e póñanse a traballar e preparen á provincia para que esta temporada se perda e non cometan os mesmos erros que outros anos; aproveiten a oportunidade que nos dá un novo Xacobeo, sempre da man de Galicia, e decídanse a arranxar gran parte da rede viaria que comunica moitos puntos de interese turístico da nosa provincia; vostedes teñen esas estreadas como verdadeiras Carreteras del infierno”.
Os populares dinlle ao equipo de goberno provincial: “Tómense o turismo en serio, déixense de comedias e sigan un plan, abandone o suspense e recapaciten, que aínda están a tempo de volver a Turismo de Galicia. Non só llo agradecerán os lucenses, en particular e os galegos en xeral, senón tamén os seus propios socios do BNG que tal cal non entenden como deixan o verde stand de Galicia e o abandonan polo tamén bonito Love Spain”.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



