Lugo, 13 de Xaneiro de 2022. Os socialistas anunciaron hoxe que presentarán mocións en Concellos e Parlamentos autonómicos para apoiar a reforma laboral e o diálogo social. Así o avanzaron hoxe en rolda de prensa os deputados lucenses no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro, que remarcan “que este acordo histórico contribúe en impulsar a creación de emprego estable e de calidade, para atallar a precariedade e o desemprego no noso país. Por iso pedimos altura de miras para apoiar esta Reforma baseada no diálogo, para que nos permitirá avanzar cara a unha recuperación xusta, e para que España, Galicia e Lugo sigan medrando.”
A través desta moción demandase “apoiar a reforma laboral acordada entre os representantes dos empresarios e os traballadores para impulsar a creación de emprego estable e de calidade. Contribuír co seu apoio parlamentario a potenciar a contratación indefinida fronte á temporalidade a través do contrato indefinido e do fomento do contrato fixo descontinuo, así como apoiar a recuperación da negociación colectiva para aumentar os dereitos dos empregados, que permita restablecer o equilibrio entre empresarios e asalariados. Crear un marco laboral adaptado ás necesidades do século XXI, e por último, defender o diálogo como ferramenta para alcanzar acordos como o logrado cos axentes sociais ao redor da reforma laboral, por encima de ideoloxías, e que permiten avanzar cara a unha recuperación xusta para que España siga crecendo”.
Os socialistas sinalaron que se trata dun convenio que “aposta por un emprego de calidade e deixa atrás décadas de precariedade, fronte ao modelo do PP, baseado na desvalorización salarial”. Remarcaron tamén que “a reforma laboral é un novo compromiso co que o PSOE cumpre coa cidadanía e tamén coa Comisión Europea, unha circunstancia que permitiu que España comezase a recibir os primeiros fondos europeos”.
Consenso
“Dende o PSOE reclamamos a todas as forzas políticas que apoien este acordo de empresarios e traballadores. É unha satisfacción o traballo realizado nos últimos meses consensuadamente entre o Goberno de España, a Patronal e os Sindicatos para sacar adiante esta Reforma Laboral con diálogo, negociación e acordo”. E pregúntanse “que intereses defenden aqueles políticos que non son capaces de defender os intereses acordados entre empresarios e traballadores?”, advirten.
Modernización das relacións laborais
Prieto e Cerqueiro abundaron na súa comparecencia nas vantaxes deste acordo laboral. Por unha banda “refórmase a lexislación laboral en España modernizando as relacións laborais para facer máis competitiva a economía española, e por outra banda, contribúe a dar máis garantías aos dereitos das persoas.”, argumentan.
A través deste acordo, os traballadores poden acadar unhas relacións laborais nas que a contratación permanente sexa a de carácter indefinido. Tamén se potencia a contratación indefinida fronte á temporalidade, achegando un plus de seguridade ás familias. Sobre todo nestes meses de incerteza que estamos a vivir como consecuencia da pandemia. Ademais, esta reforma reduce a precariedade e o desemprego rompendo cunha dinámica de temporalidade e precariedade que ía en prexuízo das clases traballadoras e as súas familias. Incentivase a contratación indefinida e o emprego estable. Os contratos normais serán os indefinidos, e os temporais serán só con causas concretas e controladas, en especial para sectores como o agrícola, ou a construción. Mesmo estarán acoutados no tempo, é dicir limita a contratación temporal (máximo tres meses por ano) e fomenta o contrato fixo descontinuo.
Outra gran medida é a da recuperación da negociación colectiva. A seguridade refórzase ao ter primacía o convenio sectorial sobre o de empresa, que só poderá aplicarse se determina mellores condicións salariais que o sectorial que resulte de aplicación. Búscase tamén poñer freo aos despedimentos e protexer o tecido produtivo. Os ERTE foron unha das grandes palancas na xestión da crise sanitaria, que permitiron preservar o emprego de 3,4 M de traballadores. Por esta razón agora perfecciónase e incentiva o seu uso regulando un novo instrumento: mecanismo rede de flexibilidade e estabilización do emprego, como unha alternativa ao despedimento, como forma de flexibilidade interna das empresas. Impulsase o contrato de formación, e vaise impedir os ERE nas Administracións Públicas.
Dende o PSOE apostamos por un emprego estable e de calidade
Segundo os últimos datos publicados na nosa provincia en Lugo no ano 2018 había 16.313 persoas sen emprego, e no 2021 a cifra é de 14.546. “Por iso insistimos, dende o PSOE apostamos por un emprego estable e de calidade, xa que é un piar fundamental do Estado do benestar. En tan só ano e medio, España logrou recuperar os niveis de afiliación á Seguridade Social previos á pandemia, nunca contaramos con tantas mulleres afiliadas. Este o camiño a seguir, seguir impulsando unha recuperación xusta para todas as traballadoras e traballadores”, sinalan os deputados.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



