O secretario xeral do PSdeG solicita que se volva reunir a comisión de seguimento, logo dun mes da última xuntanza Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024. O secretario xeral do PSdeG... Ler máis
O candidato socialista á Xunta de Galicia acusa a Rueda de por en risco a saúde da veciñanza da Mariña: “Só se decidiu a facer algo dous días antes desta manifestación” Viveiro, 19 de novemb... Ler máis
Sinala a Rueda que “se o que quere facer é campaña, que convoque xa as eleccións” e encontrará “un PSdeG preparado para gobernar Galicia, para poñerlle fin ao ciclo político do PP” Santiago... Ler máis
Apunta que Rueda está “á desesperada” e advirte que a cidadanía “non vai variar o seu voto por un chándal que ofreza Rueda ou pola rebaixa no vehículo de segunda man” Vigo, 3 de outubro de 2... Ler máis
O líder dos socialistas galegos traslada o apoio á candidatura á alcaldía de Burela encabezada por Carmela López, que representa “ilusión, xuventude, e experiencia de xestión” Burela, 13 de... Ler máis
Sinala que, a diferencia do PP, os socialistas sempre defenderon una reforma estatutaria para ampliar o autogoberno e móstrase disposto a cinguila ao ordenamento do litoral Santiago de Compo... Ler máis
O líder do PSdeG recrimina ao PP que “se agoche” na moción de censura de Vox e pregúntalle a Rueda si le comunicará a Von der Leyen que o seu partido decidiu ir da man da ultradereita Santia... Ler máis
O líder do PSdeG subliña que “compartimos a obriga de estreitar os lazos cos galegos e as galegas no exterior, pero neste momento hai outra prioridade” Vilalba, 15 de outubro de 2022. O secr... Ler máis
O secretario xeral do PSdeG, recorda que o veto provén dunha “mala xestión política” da Comisión Europea presidida polo PP Vigo, 5 de outubro de 2022. O secretario xeral do PSdeG, Valentín G... Ler máis
Vilalba, 3 de abril de 2022. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presentou hoxe aos socialistas galegos como alternativa de goberno a unha Xunta “ausente, máis preocupada... Ler máis
Vigo, 16 de febreiro de 2022. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, quixo trasladar hoxe dende Vigo a súa solidariedade e o agarimo en nome propio e de tódolos socialistas... Ler máis
Burela, 04 de febreiro de 2022. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou hoxe que a cidadanía está “estupefacta” de que o goberno galego critique a reforma laboral “qu... Ler máis
Burela, 04 de febreiro de 2022. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamou hoxe “máis implicación” da Xunta co sector pesqueiro, que demanda apoio nun momento “crítico”... Ler máis
Guitiriz, 14 de xaneiro de 2022. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou hoxe “a calidade da carne galega, recoñecida a nivel nacional e internacional” e considerou... Ler máis
Lugo, 13 de Xaneiro de 2022. Os socialistas anunciaron hoxe que presentarán mocións en Concellos e Parlamentos autonómicos para apoiar a reforma laboral e o diálogo social. Así o avanzaron h... Ler máis
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2021. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, sinalou hoxe en Santiago que “o acordo -asinado polos traballadores da planta de... Ler máis


















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



