Sinala a Rueda que “se o que quere facer é campaña, que convoque xa as eleccións” e encontrará “un PSdeG preparado para gobernar Galicia, para poñerlle fin ao ciclo político do PP”
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín G. Formoso, esixiu este domingo ao goberno de Rueda que “deixen de enganar e someter á cadea mar industria “aos intereses electorais do Partido Popular” coa súa actuación coa Lei do Litoral.
O tamén alcalde das Pontes asegurou que son os populares os que “están a provocar incertezas e inseguridade xurídica no sector da cadea mar industria”, logo de “aprobar de forma unilateral unha lei do litoral e colisiona en 27 dos seus artigos co texto constitucional, tal e como di o ditame do Consello de Estado”, expuxo. “Non se pode xogar coas normas, nin se pode defender a Constitución pola mañá e incumprila pola tarde”, engadiu.
Formoso ten claro que “a día de hoxe ningunha empresa do sector mar industria corre perigo pola normativa estatal”, xa que “todas e cada unha das prórrogas das concesións solicitadas foron autorizadas polo goberno do Estado”, reivindica.
“Por iso”, incide, “non podemos permitir que o goberno de Rueda xogue coa seguridade xurídica”, tanto dos 40.000 postos directos do sector en Galicia, como das instalacións da cadea mar industria.
Por outra banda, considera que estamos ante parte da estratexia electoral do PP de cara ás autonómicas. Formoso emprazou a Rueda a “volver á vía do diálogo nun asunto de país” e lembroulle “que se o que quere facer é campaña, que convoque xa as eleccións”. Destacou que o PP terá enfronte a “un PSdeG preparado para gobernar Galicia, para poñerlle fin ao ciclo político do PP, para resolver cuestións de Estado e de país” como o relativo a esta Lei do Litoral, concluíu.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



