Luís Manuel García Otero finaba aos 67 anos como consecuencia dunha grave enfermidade. Arestora era edil non adscrito da corporación tras abandonar por discrepancias políticas Son Viveiro.

A obra percorre a etapa medieval de esplendor do reino de Galiza e a posterior crise da segunda metade do século XIV e está feita coa vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre este período se teñen producido. O libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia. A presentación estará a cargo de Xulia Canoura, profesora xubilada e o acto está organizado pola Fundación Galiza Sempre e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Arestora son 1037. Destes 3 están en UCI, 2 no Hula e 1 no Hospital de Monforte. 28 están en hospitalización: 16 no Hula, 4 no Hospital da Mariña, 8 no Hospital de Monforte.
Durante o mesmo as persoas participantes puideron lembrar e cantar as cancións da súa infancia, cancións populares do folclore galego, crear pequenas coreografías e, como non, tamén tiveron ocasión de sair á pista de baile. A través deste obradoiro coñeceron os numerosos beneficios da música para mellorar o estado físico, cognitivo e, por suposto, emocional, aspectos fundamentais para acadar un óptimo benestar persoal.
O Open Day de Kids& Us Ribadeo terá lugar o próximo 4 de xuño, sábado, con actividades en inglés gratuítas para nenos e nenas de 1 a 7 anos con contacontos, manualidades e moitos xogos máis.
Este domingo 29, o grupo teatral O Centiño de San Martiño, estreará a súa nova obra "A morte morrida", na que se contan, en clave humorística, as aventuras e desventuras de Crispín, un empregado de banca que se xubila e ve a morte preto. Será na área recreativa de Ferreiravella, ás 19,00 horas, con prazas limitadas.
O obxectivo é recoller residuos abandonados das contornas naturais e sensibilizar sobre esta problemática desde a propia acción, implicando aos aloxamentos membros de Rusticae, aos seus hóspedes e ás comunidades nas que se sitúan.
A artista barreirense Olivia Canoura ven de presentar a súa primeira novela Mientras dure la noche, un relato de relatos narrados no marco dunha noite de tormenta, que recende castañas asadas e no que as sombras que se moven de esguello entre os panos da noite se tornan protagonistas. Relatos de infancia que se transforman en realidade na súas palabras ó memos nivel que nos seus debuxos. A presentación do libro tivo lugar este pasado sábado na Biblioteca Municipal de Barreiros, nun ambiente cercano e familiar nos que os asistente puideron desfrutar dun edificante intercambio coa autora.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital