Santiago de Compostela, 15 Xaneiro 2022. A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a homenaxe do BNG a Castelao na súa Rianxo natal para destacar a plena actualidade do legado dunha das personalidades políticas que máis ten contribuído á defensa de Galiza como nación. “Foi, é e será un referente, un imprescindible (…), poucos demostraron tanto amor e tanta entrega a este País”, subliñou, “por iso honramos a súa memoria e reivindicamos a vixencia do seu pensamento”.
Un legado do que o Bloque se sinte orgulloso herdeiro porque, alegou, “a esencia do BNG é defender Galiza, e quero recalcalo porque se ben o mundo de hoxe é outro, hai algo que non mudou: a necesidade do nacionalismo para darlle futuro ao País, que precisa como nunca unha forza política coas mans libres para defender os nosos intereses fronte a un centralismo cada vez máis madrileño que actúa de freo”.
Tamén agora, recalcou, “urxe un proxecto modernizador e vangardista, que pense Galiza en grande, con ambición e desde a confianza. O BNG, -dixo-, ten ese proxecto e a capacidade de poñelo en marcha”, priorizando os intereses dos galegos e das galegas en contraposición ós que practican “a confrontación estéril ou o servilismo inútil, ambos iguais de letais, igual de tóxicos”. “A defensa de Galiza, esa é a esencia do BNG”, recalcou.
Pontón preguntouse cales serían as estampas que hoxe incluiría Castelao nun álbum Nós inspirado na Galiza de 2022, e aventurou que o lapis creativo do rianxeiro denunciaría o centralismo económico e político, o espolio dos recursos naturais, a emigración da xente moza, o declive do sector industrial, a desesperación dos produtores que soportan prezos por debaixo de custe ou o retroceso do sector pesqueiro cunha frota cada vez máis minguada.
“Seguro que o impacto das cotas de pesca lle inspirarían unha estampa non moi diferente a aquela á que lle puxo por título As sardiñas volverían se os nosos gobernos quixesen”, destacou.
A intervención da líder nacionalista tamén incluíu a posición do BNG en relación á reforma laboral do Goberno de PSOE-Unidas Podemos, cunha mensaxe contundente e transparente: non participará nun lavado de cara da reforma do PP, porque a clase traballadora merece recuperar os dereitos perdidos.
“O BNG está onde sempre estivo, na defensa da liberdade, da democracia e dos dereitos dos traballadores e das traballadoras, -subliñou Pontón-, e para poñer fin á precariedade, ós baixos salarios e á explotación brutal que é pan de cada día de miles de persoas hai que derrogar integramente a reforma laboral de 2012”. Neste sentido, recalcou, “a posición do Bloque está clara: non imos apoiar un lavado de cara da reforma laboral do PP”.
Liñas vermellas
De feito, a portavoz nacional indicou cales eran as “liñas vermellas” que non son outras que a recuperación de dereitos, como a indemnización de 45 días por ano, os salarios de tramitación nos despidos improcedentes, a autorización dos EREs desde a Administración e acabar coa barra libre para despedir. Igualmente, que se permita negociar melloras nos convenios estatais a nivel galego ou recuperar os dereitos en materia de clasificación profesional, salarios e mobilidade que había antes da contrarreforma.
“Hai unha maioría que permite a derrogación e a recuperación de dereitos e o Goberno do Estado debe decidir se pacta coa dereita ou cumpre a palabra dada, porque as urnas falaron e deron unha maioría suficiente para poñer fin a esa contrarreforma”, sintetizou.
Sexta onda
En plena sexta onda e cos contaxios en récord diario, cunha atención primaria e un persoal sanitario desbordado, Pontón foi moi crítica coa posición dun Goberno de Feixóo que, en plena pandemia, reduce o orzamento en atención primaria, o que roza “a prevaricación”. “Xa nin disimulan a súa incapacidade e ante o colapso da sanidade non reforzan con máis medios e recursos, pídenlle a cidadanía que se auto diagnostique. Que será o seguinte, facernos na casa as analíticas?”, interpelou tras denunciar o empeño en “desmantelar” a sanidade pública para favorecer á privada, “como fai o PP, pero terán ao BNG en fronte porque é un atentado contra a saúde da cidadanía”.
A líder nacionalista concluíu a súa intervención convidando a traballar co obxectivo de abrir un tempo novo en Galiza cun BNG liderando o Goberno do País. “Un reto que require de toda a humildade, intelixencia colectiva e ambición para ampliar a base social do nacionalismo, para sumar a cada vez máis cidadanía que ve no Bloque un proxecto gañador capaz de disputarlle a hexemonía e Presidencia da Xunta ao PP”.
O reto de liderar o goberno
Un reto que pasa por “dar un gran salto adiante” nas eleccións locais aproveitando a fortaleza dos gobernos municipais, destacou no acto no que tamén participou o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e a portavoz local, Mercedes Pimentel.
“Temos un proxecto que nace da ambición e da confianza no País para construír unha Galiza máis xusta, con servizos públicos fortes e con benestar social; que sexa vangarda en ciencia e coñecemento; en primeira liña na loita contra a emerxencia climática, con oportunidades para a xente moza, unha Galiza feminista e igualitaria”, salientou, “é para conseguila seguiremos o exemplo de Castelao e dos homes e mulleres que coma el soñaron unha Galiza en grande e dona do seu futuro, e nunca deixaron de loitar para facela realidade”, concluíu.





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



