Muras, 15 de xaneiro de 2022. O rexedor murense fixo estas declaracións onte, 14 de xaneiro, na presentación do estudo encargado a dous investigadores e docentes da Universidade de Vigo sobre o impacto que teñen os parques eólicos no municipio chairego, o que máis aeroxeradores ten en Galicia. A media que percibiron os mureses polo alugueiro dos seus terreos para a colocación dos muíños é do 1,5%, moi inferior ao resto de Galicia, porque noutras zonas é do 3%. Por riba dende 2010 a Xunta recadou nos parques eólicos de Muras 2,2 millóns de euros, dos cales o Concello só percibiu unha cuarta parte, 500.000 euros ao ano.
“Os nosos veciños e veciños están igual ca antes malia o impacto que veñen sufrindo”, continuou denunciando Requeijo. “Non hai ningún concello en toda España que se mova nas cifras de Muras: 1,6 MW por quilómetro cadrado instalados, cando a media da comunidade galega son 0,14 MW”.
Os autores de “Enerxía eólica en Muras: análise do seu impacto territorial, económico, ambiental e enerxético” son Xavier Simón e María Montero, docentes de Economía Aplicada e Macroeconomía na Universidade de Vigo e expertos en renovables. Os dous forman parte do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia da Universidade, equipo que traballa para mudar o sistema socioeconómico poñendo o foco nas persoas e as comunidades e cunha dimensión ambiental e social. Tamén lidera o Observatorio Eólico de Galicia, o OEGA, que leva máis de 10 anos estudando os procesos vinculados cos parques eólicos no mundo rural galego. “Terra Chá é motor da enerxía eólica en Galicia pero desgraciadamente esta nova renda non permitiu correxir os problemas estruturais en poboación, renda, emprego, non atopamos indicadores que nos permitan afirmar que houbo unha relación positiva entre investimentos eólicos, produción de enerxía renovable e cambio nas condicións de vida dos veciños”, dixo Xabier Simón.
O Concello murense repartirá exemplares do estudo a cada familia que sirva como ferramenta á hora de enfrontarse ás grandes compañías enerxéticas. “O libro suporá un antes e un despois do que é a enerxía eólica en Galicia e nos vai dar ferramentas cara ao futuro. Toca un novo reparto do canon éolico galego”, concluiu o rexedor Requeijo, que estivo acompañado na presentación ademáis de por Xabier Simón, polos concelleiros Belén Chao e Mario Rouco.





















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



